Familias

Novas de interese para as familias

ÁBRESE O PRAZO DO PERÍODO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 21/22

Entregarase unha única solicitude que se poderá presentar de forma presencial no centro educativo (Do 1 ata o 22 de marzo) ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado (Do 1 ao 22 de marzo). A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade. Só se poderá entregar unha única solicitude de admisión no centro que solicita en primeiro lugar, de entregarse varias solicitudes perderanse todos os dereitos de prioridade.

DOCUMENTOS QUE DEBERÁN APORTAR:

PROGRAMA DE FROITA E LEITE NOS CENTROS EDUCATIVOS

 

O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas e leite entre o alumnado coa intención de fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos.Este centro volve participar un ano máis, e como novidade teremos leite nos recreos. 

O programa comezou este xoves 14 de xaneiro, co reparto da froita fresca durante 10 días lectivos (14 ata o 27 de xaneiro), e o vindeiro martes 19 co reparto de leite.

A froita consumida durante este período de dez días foi pera, plátano, mandarina, mazá e Kiwi.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS (só para alumnado de 6º EP)

Ábrese o prazo para facer a RESERVA DE PRAZA (11 de xaneiro ata o 8 de febreiro 2021) para os alumnos e alumnas que no vindeiro curso, 2021-2022, pasan a 1º ESO no centro aos que está adscrito o CEIP Nosa Señora das Dores: IES CHANO PIÑEIRO.

 Para cubrir o formulario de admisión poderase facer a través do anexo que se engade ou ben na aplicación admisionalumnado (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) a través do menú Solicitudes-Reserva-Crear solicitude de reserva. Despois deberán entregalo no centro no que se atopa matriculado o seu fillo/a ou ben presentalo a través da Sede Electrónica.

Debido a situación actual, recomendamos enviar o formulario polo seu fillo/a. Se houbese algún erro dende secretaría contactariamos con vostedes para poder corrixilo.

CALENDARIO PROCESO RESERVA-ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

No proceso de reserva e admisión do alumnado para o vindeiro curso 2021-2022 tomaremos o seguinte calendario para ubicar o proceso e indicar os prazos  e datas dentro do mesmo.

DATAS

CELEBRAMOS O MAGOSTO

A palabara Magosto procede do latín Magnus Ustus, gran lume e significa "fogueira para asar castañas". Esta celebración é unha homenaxe a un dos froitos típicos do outono: a castaña. 

Este ano non tivemos un gran lume pero, si desfrutamos con xogos (sementa e apaña, carreiras ....)  e unha  merendola a base de castañas. Moitas grazas ás nosas cociñeiras por asárnolas. Estaban moi boas.

Un festexo diferente pero igual de divertido!


Preme para acceder a Galería do Magosto.

 

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario