BECAS PARA O ALUMNADO CON NEAE- CURSO 22-23
Acaba de publicarse a Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan as axudas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022-2023. Queda polo tanto aberto o prazo para solicitar esta beca para o vindeiro curso. Este curso adiántase a convocatoria polo que, o prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o 19 de maio ata o 30 de setembro, ambos inclusive.
A continuación poñemos a vosa disposición os correspondentes enlaces para a súa tramitación:
- Convocatoria publicada no BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-15578
- Información sobre os requisitos e acceso ao trámite online na páxina do Ministerio de Educación: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23
FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR- CURSO 2022/2023
Normativa de referencia: ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundarias obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2022).
1.-PERSOAS BENEFICIARIAS
DEPORTE ESCOLAR. MAIO 2022
Deporte Escolar. Campo de fútbol municipal de Forcarei. (19/05/22)
Preme encima da imaxe para acceder á galería.
Despois de case dous anos sen competicións deportivas, o noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria desfrutou dunha xornada de deporte escolar cos compañeiros e compañeiras do CEIP de Soutelo. Empregouse o pavillón municipal para disputar os partidos mixtos de balonmán, fútbol sala e baloncesto. Despois trasladáronse ao campo municipal de fútbol de Forcarei, instalación que gustousamente cedeu o concello, na cal puideron compartir partidos amigables entre o alumnado de ambos centros educativos.
Unha boa mañá, na cal se fomentou o gusto polo deporte e se permitiu que o alumnado de 6º de primaria puidera coñecer aos seus futuros colegas do IES Chano piñeiro.
2º REPARTO DE FROITA
Un ano máis participamos no programa Froita fresca e leite líquido na escola. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Consellería de Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
