Actividades complementarias
CELEBRAMOS O MAGOSTO
A palabara Magosto procede do latín Magnus Ustus, gran lume e significa "fogueira para asar castañas". Esta celebración é unha homenaxe a un dos froitos típicos do outono: a castaña.
Este ano non tivemos un gran lume pero, si desfrutamos con xogos (sementa e apaña, carreiras ....) e unha merendola a base de castañas. Moitas grazas ás nosas cociñeiras por asárnolas. Estaban moi boas.
Un festexo diferente pero igual de divertido!
Preme para acceder a Galería do Magosto.
Letras Galegas 2020
Esta semana festexamos o días das Letras, das nosas, das galegas. Esta celebración constituíuse en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear aquelas persoas que destacasen pola creación literaria en galego ou pola defensa de dita lingua.
A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas ata o mes de outubro. Ricardo Carvalho Calero terá a súa homenaxe nunha medida inédita e sen precedentes o 31 de outubro.
Dende o centro non nos queremos esquecer desta figura e na páxina web fixemos unha escolma cos recursos que coñecemos arredor da súa figura, para que coñezades máis de cerca a este filólogo, escritor e profesor.
Empezaremos cuns personaxes ben coñecidos por todos nós, os Bolechas. Da man da editorial Bolanda, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron a disposición un novo volume de "As miñas primeiras Letras Galegas" dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
DÍA DO LIBRO 2020. O Principiño
E chegou o 23 de Abril Día do libro.
Este ano o festexo será diferente.
Neste día tan especial para a comunidade educativa e no que temos tan presente a lectura quixemos ler para todos e todas vós.
Este ano queremos dedicarllo a un libro que cumpre neste mes de abril 77 anos dende a súa aparición. É unha das obras máis destacadas do século pasado, un clásico para nenas e adultos: ‘O Principiño’. Por iso a pesares deste confinamento e aproveitando as tecnoloxías queremos ler os fragmentos máis significativos do libro.
Para iso buscamos grandes lectores e lectoras. Atopámolos entre as familias rexistradas como usuarias da nosa biblioteca e entre os mestres do cole.
O Principiño (I parte)
O Principiño (II parte)
REMATE DO 1º TRIMESTRE DO CURSO 2013 - 2014
FESTIVAL DE NADAL
Co belén ao fondo do salón, coas paredes ateigadas de postais de Nadal feitas polos alumnos e alumnas do Centro, co salón ateigado de mamás, papás, avós, avoas, tíos..., tivo lugar, coma todos os anos o festival de Nadal, que se os houbo lucidos, o deste ano non lle desmerece a ningún.
Nenos e maiores puideron disfrutar de representacións teatrais, bailes, escenificación de festas, narración de contos... de todo o que se pode ofrecer nun festival.
Os nenos e mestres, a pesares de que contaron con pouco tempo para ensaios, demostraron as ganas e a capacidade de argallar un festival variado e de calidade.
3 anos 4 - 5 anos
1º de Primaria 2º de Primaria
3º de Primaria 4º de Primaria
5º de Primaria 6º de Primaria
6º de Primaria
Co Festival e a entrega das cualificacións rematou o primeiro trimestre do curso.
BOAS FESTAS A TODOS.
Para ver máis fotografías vaia á galería.
FESTA DO DEPORTE 2013
O día 7 de xuño, no pavillón de Tenorio, tivo lugar a FESTA DO DEPORTE do curso 2012-2013.
Os nenos e nenas dos centros participantes nas distintas competicións durante todo o curso escolar ( Cerdedo, Soutelo de Montes, Ponte Caldelas, A Reigosa, Cotobade, Tenorio), recolleron os merecidos premios en forma de medallas e trofeos.
Foi un día de xuntanza, no que nenos e nenas lembraron detalles das distintas competencias realizadas durante o curso.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
