Actividades complementarias

REMATE DO 1º TRIMESTRE DO CURSO 2013 - 2014

FESTIVAL DE NADAL

Co belén ao fondo do salón, coas paredes ateigadas de postais de Nadal feitas polos alumnos e alumnas do Centro, co salón ateigado de mamás, papás, avós, avoas, tíos...,  tivo lugar, coma todos os anos o festival de Nadal, que se os houbo lucidos, o deste ano non lle desmerece a ningún.

 

Nenos e maiores puideron disfrutar de representacións teatrais, bailes, escenificación de festas, narración de contos... de todo o que se pode ofrecer nun festival.

Os nenos e mestres, a pesares de que contaron con pouco tempo para ensaios, demostraron as ganas e a capacidade de argallar un festival variado e de calidade.


               3 anos                                               4 - 5 anos

 

                  1º de Primaria                                 2º de Primaria

                  3º de Primaria                                  4º de Primaria

                  5º de Primaria                                  6º de Primaria

                                        6º de Primaria

Co Festival e a entrega das cualificacións rematou o primeiro trimestre do curso.

BOAS FESTAS A TODOS.

RisaCartosGuiñoSorriso

Para ver máis fotografías vaia á galería.

 

 

 

 

 

FESTA DO DEPORTE 2013

O día 7 de xuño, no pavillón de Tenorio, tivo lugar  a FESTA DO DEPORTE do curso 2012-2013.


Os nenos e nenas dos centros participantes nas distintas competicións durante todo o curso escolar ( Cerdedo, Soutelo de Montes, Ponte Caldelas, A Reigosa, Cotobade, Tenorio), recolleron os merecidos premios en forma de medallas e trofeos.


Foi un día de xuntanza, no que nenos e nenas lembraron detalles das distintas competencias realizadas durante o curso.

ENTROIDO 2013

Chegaron os entroidos e con eles a troula, o pasalo ben, o facer actividades propias deste tempo...

Comezamos o 31 de xaneiro, no que celebramos, durante o recreo, o xoves de comadres. As nenas trouxeron ao colexio uns bonecos feitos de papel. A unha orde dos profes e, por cursos, os nenos perseguronan ás nenas ata pillalas; unha vez pilladas rompíanlles os bonecos. Foron indultados os  bonecos da última nena en conservala.

DÍA DA PAZ 2013

Chegou o 30 de xaneiro, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Xa durante a semana, os alumnos e alumnas, dirixidos polos seus mestres e mestras foron facendo actividades referentes ao tema. Lecturas, murais, que se expuxeron no salón de actos, actividades do equipo de normalización, actividades sobre a poesía de Gloria Fuertes, cancións, vídeos...

O día 30, pola tarde reunímonos todos no salón de actos onde desenvolvemos todas as actividades preparadas durante  a semana.

PAPA NOEL

E chegou o día! Despois de varios comunicados ao Centro, Papa Noel anunciou a súa chegada ao CEIP para o mércores, 19 de decembro.

Aos nenos e nenas fixéronse eternas as horas anteriores á chegada do ilustre personaxe de Nadal.

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario