Calendario escolar
CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021
Acaba de publicarse o calendario escolar para o curso 2020/21 que seguirá o establecido na Orde 25 de xuño do 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.
Os períodos vacacionais abranguerán:
- Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.
- Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.
- Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive.
A maiores, durante o vindeiro curso, 2020-2021 o centro contará con dous días de libre disposición:
- 11 de novembro. Festivo Local. San Martiño.
- Pendente de determinar no primeiro Consello Escolar e buscando a concordancia cos centros da zona: CEIP de Soutelo e o IES Chano Piñeiro.
CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020
O calendario escolar para o curso 2019-2020 segue o establecido na Orde 20 de xuño do 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Durante o vindeiro curso, 2019-2020 o centro contará con dous días de Libre Disposición
- 11 de novembro. Festivo Local. San Martiño
- Pendente de determinar
