CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS 2023

Este ano, no noso cole, quixemos seguir coa tradición que comezamos na pasada edición das Letras Galegas. Foi así como vivimos un “Forcarei coas Letras (2ª edición)”, onde homenaxeamos a D. Francisco Fernández del Riego a través dunha serie de actividades diversas.

Esta proposta serviunos para conmemorar as Letras Galegas 2023. Marcámonos como obxectivos a conseguir os seguintes: 

  • Coñecer a figura de Francisco Fernández del Riego, a súa obra e a influencia que tivo na nosa cultura e nas Letras Galegas.
  • Empregar as ferramentas TIC tanto na producción como procura de información: Croma, vídeo, audio,...
  • Dar visibilidade ao noso traballo dentro da comunidade educativa: codigo QR, redes sociais, páxina web, blogs do centro...
  • Recordar aos autores e autoras homanaxeados dende Rosalía de Castro (1963) ata Francisco Fernández del Riego (2023).

Para poder acadar estes fins desenvolvemos as seguintes actividades: 

ACTIVIDADE 0. PUBLICACIÓN DE RECURSOS DE INTERESE SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO.

Recollemos recursos de interese: vídeos, composicións, cancións,... para investigar sobre o homenaxeado, un dos impulsores das Letras Galegas, Don Francisco Fernández del Riego.

ACTIVIDAD 1. TRABALLAMOS COA SÚA BIOGRAFÍA

As Letras Galegas sempre permiten traballar coa e sobre a información e crear uns produtos ben interesantes para compartir con toda a comunidade. Neste caso resaltamos varios traballos. 

 

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, da man das mestras Susana Vila (AL) e Natalia Carracedo (PT), coa colaboración dos alumnos de 3º, 4º e 6º curso de Primaria realizaron este vídeo para que a nosa comunidade educativa coñeza un pouco máis da figura de Francisco Fernández del Riego. Agradecer ao noso orientador, David González pola súa increible ilustración.

O alumnado de infantil, coordinado pola mestra Susana, aproveitou as posibilidades da ferramenta H5P, para crear un recurso cheo de información sobre Don Paco, autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2023, e respectar os principios DUA (múltiples formas de representación: audio, texto, imaxes,...).

ACTIVIDADE 2. POEMA BIOGRÁFICO ILUSTRADO

  

Tampouco podemos esquecer o traballo conxunto realizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria e de Educación Infantil B, a través do cal nos presentan a biografía do homenaxeado do 2023: Francisco Fernández del Riego. 

ACTIVIDADE 3. O NOSO LIBRO "60 ANOS DAS LETRAS"

Neste 2023, o Día da Letras Galegas cumpre un aniversario moi especial; o número sesenta. Entre as familias e o alumnado do centro creamos 60 paneis informativos que homenaxean a cada un dos autores e autoras aos que se lles dedicaron anualmente esta data.

 
 

ACTIVIDADE 4. OBRADOIROS NA BIBLIO- CHAPEANDO

 

A nosa biblioteca, a pesares de non ser moi ampla, intenta acoller multitude de propostas creativas. Nesta ocasión, decidimos poñer en marcha nos recreos "Chapeando. Un obradoiro de chapas". 

 ACTIVIDADE 5. APROVEITAMOS A LINGUA E CULTURA GALEGA. 

ACTIVIDADE " BEN COCIÑADO"

Nesta creación, coordinada pola mestra Natalia, o alumnado emprega vocabulario en galego relacionado coa cociña. Resalta a riqueza lingüística do galego, cantas palabras, que fermosura!

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

A cultura galega debe ser coñecida polos nosos escolares, para iso, organizamos un obradoiro a cargo do artesán Pablo Seoane quen  nos falou dos instrumentos de música tradicionais galegos.

 

DICIONARIO DE PEIXES E MARISCOS

Estudando a figura de Francisco Fernández del Riego descubriuse que, entre outros traballos, foi o autor do “Diccionario Galego Castelá”. Así que, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria, da man da súa mestra Eva e coa colaboración das familias, decidiron realizaron o seu propio “Diccionario galego- castelá. Peixes e mariscos-galegos”.

 

ACTIVIDADE FINAL. PASEANDO COAS LETRAS- FORCAREI COAS LETRAS. 2º EDICIÓN.

A actividade final foi o acto de conmemoración das Letras Galegas. Como xa fixeramos o ano pasado, non quixemos festexar esta data cun acto de “portas adentro” polo que, todo o cole subimos andando ata a praza do concello de Forcarei para compartir coas familias e veciñanza a nosa pequena homenaxe ás Letras e Francisco Fernández del Riego.

Durante o recorrido deixamos nos locais comerciais uns carteis informativos coas actividades relizadas no centro que poden ser consultadas a través de códigos QR e, ao remate o alumnado repartiu  chapas entre todos os asitentes.

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario