REAPERTURA DA BIBLIOTECA

Por fin chegou o día agardado!

O luns, 28 de febreiro, celebramos por todo o alto a reapertura da biblioteca do centro.

Despois de traballar arreo, a mestra Vanessa e o seu equipo de biblioteca, puideron por fin dar o pistoletazo de saída. Despois de mercar novo material de lectura, catalogalo, facer carnés de socios,novos mobles, novo material informático, ... Despois de que o Concello de Forcarei, colaborase a través do obradoiro de carpintería e nos puxese tarima flotante no solo e que construíse algún moble.

Despois diso e de moito máis traballo, celebramos a reapertura:

- Durante toda a mañá, de forma ordenada, foron asistindo á biblioteca os nenos e nenas dos distintos cursos para explicarlles as novas normas e o funcionamento da biblioteca; déronselle os carnés e aos de 6º de primaria, ademais, encargóuselles de controlar a biblioteca, coa supervisión dun mestre de garda.                  

- Na hora do recreo, alumn@s e mestres/as puidemos degustar uns bocadiños que o equipo da biblioteca tiña preparados ao efecto.

- Pola tarde, primeiro os nen@s de infantil e primeiro ciclo de primaria e, a continuación, os do segundo e terceiro ciclo, puideron asistir a actuación dun contacontos enviado por algunhas editoriais, que fixo as delicias dos nen@s coas súas historias.                  

Agardamos que o esforzo posto na tarefa sirva para que nenos e nenas  disfruten con todo o que a biblioteca conta. Que aprendan, que se informen, pero pasándoo ben; esa é a idea con que todos acometemos a obra.

A DISFRUTAR DELA! 

Pais/Nais

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Aula Virtual 2020_2021

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Información e documentación COVID19

Prema encima para acceder

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participamos no...

PLAN PROXECTA

 

PLAMBE 20/21

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Inicio de sesión de usuario