Actividades complementarias
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Na segunda semana de marzo celebramos no Centro o "Día da muller traballadora".
Desde a biblioteca propúxose a realizacíón dunha actividade, que consistía en buscar mulleres galegas que destacasen nas súas actividades.
O xoves, día 8, confeccionouse un gran mural, do que podedes ver a seguinte mostra.
FESTIVAL DE NADAL 2012
O día 20 de decembro pola tarde, coma todos os anos, como remate das actividades lectivas do primeiro trimestre, celebramos o Festival de Nadal.
Este ano levou o título de PANXOLIÑAS DO MUNDO.
Os familiares e amigos dos nenos do Centro, ateigaron o salón de actos e case romperon as mans aplaudindo as lucidas actuacións dos distintos grupos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6