SOLIDARIEDADE EN PROL DE LA PALMA

Comezado este novo curso sorprendeunos a noticia da erupción do volcán en La Palma. Estes acontecementos xeraron curiosidade nas aulas e en nós mesmos o que nos levou a estudar sobre o tema. Iniciada a investigación atopámonos con que o máis afectado é o lado humano. Por iso, dende o centro educativo queremos involucrar ao noso alumnado na actualidade traballando a solidariedade a través do Aprendizaxe Servizo. 

Tralos faladoiros desta semana descubrimos que nós tamén podemos axudar. E, de que maneira?

Unha, enviando palabras de ánimo aos habitantes de La Palma usando as nosas mellores ferramentas: a nosa lingua e noso corazón. 

E dúas, solicitando a colaboración da comunidade educativa de Forcarei e facendo unha recollida de produtos básicos ou de primeira necesidade tales como comida (enlatados, para bebés, aceite, alimentos non perecedoiros,...), toallas, mantas, produtos de hixiene, material escolar,....  Poderanse depositar no centro dende hoxe ata o luns 4 de outubro. Recordamos que esta recollida está aberta a calquera membro da comunidade que queira axudar e que se solidarice coa situación de La Palma.

Todo o recadado enviarase por correo postal a La Palma grazas á campaña impulsada pola asociación de comerciantes Zona Monumental de Pontevedra. 

Esperamos a vosa colaboración e recordade que, 

 

“Moita xente pequena, en lugares pequenos,

facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo”.

Eduardo Galeano

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega, equipo de actividades complementarias extraescolares e equipo de biblioteca do CEIP Nosa Señora das Dores.

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario