Intervención nas dificultades de cálculo

É moi común atopar alumnado con dificultades para o cálculo numérico en todos os cursos da educación primaria. Se estas dificultades non son demasiado grandes, o profesorado titor, dependendo da organización da súa aula, ofrecerá un reforzo a este alumnado, xa sexa prestando máis axuda para resolver as tarefas, proporcionando práctica extra para o domicilio, etc. Cando estas dificultades supoñen unha gran diferenza cos estándares de aprendizaxe que se esperan para o curso no que alumnado está matriculado, a estratexia máis habitual é un programa de intervención baseado na actuación do profesorado de pedagoxía terapeutica. Con certa frecuencia, esta intervención se realiza fóra da aula ordinaria, e consiste principalmente na realización de exercizos de cálculo extraídos directamente do material dos cursos anteriores.

Este enfoque resulta ás veces contraproducente, xa que o alumnado que recibe apoios fóra do grupo ordinario habitualmente remata por desengancharse totalmente das aprendizaxes que corresponderían á súa idade. Isto, ademais de forzar unha situación a longo prazo de suspensos ou de adaptacións curriculares significativas, supón con moita frecuencia unha situación de autoestima moi baixa. En consecuencia, renunciamos ó obxectivo que nunca se debería esquecer, de manter a posibilidade de que finalmente poida realizar as aprendizaxes correspondentes á súa idade.

Unha proposta inclusiva

Sería posible un programa de intervención que permitise por unha parte reforzar as aprendizaxes non adquiridas sen perder a referencia da aula ordinaria?
Desde logo que é posible. A proposta que describo a continuación ten a súa base no deseño universal de aprendizaxe. Consiste en coñecer as necesidades de cada unha das nosas alumnas e alumnos e proporcionar actividades de aula que permitan a cada un progresar en función do seu punto de partida e o seu potencial. É importante que isto é necesario para cada alumna e alumno, non só para aqueles para os que existe un informe de necesidade específica de apoio educativo. E tanto para o que ten un ritmo lento como para o que ten un ritmo máis rápido que o esperado.

O cálculo matemático é unha destreza que se pode entrenar coma calquera outra. Canto máis entrenamento, máis mellora. Existe o problema de que para que unha persoa se entrene o máximo posible é necesaria a motivación, e o entorno escolar non é demasiado motivador para a maior parte do alumnado. Especialmente para o alumnado con dificultades. A continuación describirei varios exemplos de como se pode entrenar o cálculo matemático mediante actividades motivadoras que o alumnado poida realizar tanto nas clases como nos seus domicilios. O obxectivo é conseguir que o alumnado queira facer estas actividades máis alá dos momentos nos que se sinte obrigado, e que a súa motivación proveña da sensación de éxito, que á súa vez pode lograr mellorar a autoestima, creando un círculo virtuoso.

Exemplos

O primeiro está destinado ó alumnado de primeiro curso de primaria. Un xogo de mesa con dous dados no que haxa que resolver algunha operación matemática para avanzar. O ideal é crear este xogo cos personaxes e a temática que máis gusten ó neno ou á nena. Mediante o xogo creamos unha situación na que vai a practicar un gran número de operacións en pouco tempo. En certos casos máis que nas clásicas fichas de aula. Podemos facer, dependendo das dificultades, que teñan que restar, sumar, multiplicar, identificar a decena... Organizando a clase en recantos de aprendizaxe, pode estar unha parte do alumnado neste xogo mentres outra parte está realizando unha actividade máis complexa.

 

Coa mesma idea podemos crear actividades interactivas, como a que se ofrece a continuación, realizada con Scracth, para practicar as multiplicacións.


Un segundo exemplo, dentro dos xogos de mesa, se atopa no video de abaixo. No xogo hai que realizar divisións. Sería útil para alumnado de terceiro ou cuarto curso.

Para alumnado de cursos máis avanzados resultan moi motivadores os xogos de rol. Podemos crear un xogo no que cada alumna ou alumno ten o seu personaxe. O mestre crea situacións nas que teñen que tomar decisións para as cales sexa necesario resolver problemas matemáticos. Por exemplo, o personaxe necesita atopar os ladrillos necesarios para levantar un muro de 35 metros cadrados de área. Completar as misións outorga puntos de experiencia ó personaxe. Estes puntos poden proporcionar poderes, ou o calquera elemento que teña sentido na temática do seu interese. Os personaxes poden ser extraídos das súas series ou películas favoritas.

Poderíanse ofrecer moitos máis exemplos, pero non pretendo que o profesorado interesado copie actividades sen máis. O propósito é observar ó noso alumnado, detectar as necesidades e crear as experiencias de aprendizaxe correspondentes a esas necesidades. Non debemos esperar a avaliacións "oficiais" ou apoios externos que poden chegar ou non. Evidentemente, traballar así supón fuxir das comodidades da metodoloxía "clínica" habitual, na que aquel alumnado que non funciona coas condicións de aula que o profesorado decide, debe ser diagnosticado e tratado.

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario