Pais e Nais

PLAN MADRUGA 23/24

A ANPA "O Berce" quere informarvos de que segue aberto o prazo para inscribirse no Plan Madruga 23/24. Con este programa de carácter social pretenden axudar ás familias que por algún motivo teñen que deixar aos seus fillos e fillas antes do horario de entrada ao colexio. 

Todos os días de 7:20 a 9:20 H.
Empresa encargada: "Spazosport".
Modalidades: mensual ou día esporádico

Engadimos documentación por se queres solicitar o servizo: 

- Tríptico informativo " Plan Madruga" (Descargar aquí)

- Información Plan Madruga (Descargar aquí)

APERTURA PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES POR PARTE DOS COLABORADORES

As persoas interesadas en colaborar no vindeiro curso escolar 2023/2024 nas tarefas de comedor escolar poderán formalizar a súa solicitude no centro educativo. A documentación a presentar xunto coa solicitude será a seguinte: 

- Impreso de solicitude (Descargar aquí)

- Impreso de declaración responsable (Descargar aquí)

- Fotocopia DNI ou NIE.

- Código de Conta Cliente.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023-2024

Enlace convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.html

Procedemento a través da Sede Electrónica: ED330B

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

NOTA. Na presentación electrónica debe presentar unha  solicitude por cada un dos seus fillos/as. 

Presentación con asistencia da aplicación Fondo Libros e despois presentación no centro educativo: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Presenación no centro. Imprimir Anexo I e II para descargar: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294 

BECAS E AXUDAS NEAE- 2023-2024

 

As familias interesadas en solicitar as Becas e Axudas de NEAE deberán presentar a documentación debidamente cumprimentada e asinada no centro dende o 8 de maio do 2023 ata o 20 de setembro do 2023 (ambos inclusive). 

A partires dese momento, o Departamento de Orientación elaborará os informes oportunos e encargarase, xunto coa dirección, de enviar as Becas ao organismo responsable para a súa valoración. 

Prema no seguinte enlace para acceder á convocatoria: 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

BECAS PARA O ALUMNADO CON NEAE- CURSO 22-23

Acaba de publicarse a Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan as axudas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022-2023. Queda polo tanto aberto o prazo para solicitar esta beca para o vindeiro curso. Este curso adiántase a convocatoria polo que, o prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o 19 de maio ata o 30 de setembro, ambos inclusive. 

A continuación poñemos a vosa disposición os correspondentes enlaces para a súa tramitación: 

- Convocatoria publicada no BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-15578 

- Información sobre os requisitos e acceso ao trámite online na páxina do Ministerio de Educación: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario