BONO DEPORTE

Bono Deporte pode solicitarse dende o 8 de xaneiro  ata o 29 de febreiro, e estará dispoñible para todas as familias que teñan fillos e fillas de entre 6 e 16 anos que cumpran certos requisitos.

 

REQUISITOS PARA SOLICITAR O BONO DEPORTE

  • Poderán solicitar este bono as familias que teñan fillosou fillas entre os 6 e os 16 anos no momento de solicitude, que estean federados ou rexistrados no programa Xogade para os centros educativos (no cole está inscrito no programa XOGADE o alumnado de  2º,3º,4º,5º,6º EP).
  • Cada menor terá dereito a un único bono, independentemente de se está ou non federado en máis dun deporte.
  • Así mesmo, o identificador Xogade ou o número de licenza deportiva federada do menor deberá estar emitida durante 2023.

 

PASOS PARA SOLICITAR O BONO DEPORTE

O prazo para que as familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos con licenza federada ou do Programa Xogade poidan descargar o Bono Deporte abreu este luns. As solicitudes poderán realizarse ata o 29 de febreiro e os bonos descargados poderán empregarse ata o 1 de xullo.

Para solicitar o Bono Deporte, terás que darte de alta na páxina web habilitada pola Xunta www.bonodeporte.gal e achegar a seguinte información:

  • Nome e apelidos do proxenitor, DNI, localidade e código postal de residencia, número de teléfono móbil e correo electrónico.
  • Ademais, terás que achegar os seguintes datos do menor: nome e apelidos, DNI, data de nacemento e o número de licenza deportiva federada ou o identificar Xogade (contactade co centro ou co profe Javi 659 54 97 74). 

Unha vez realizada o alta, a persoa solicitante recibirá un sms de validación da conta. Tras iso, poderán activar e descargar o Bono Deporte de 120 euros en formato QR no seu teléfono.

Poderá utilizarse en todos aqueles establecementos que se adheriron á campaña. Estes estarán identificados con o distintivo da campaña.

O bono poderá utilizarse ata que se esgote o orzamento total ou ben ata o 1 de xullo de 2024. 

 

A tramitación é persoal, polo que non se pode facer dende o cole, só a través da páxina WWW.bonodeporte.gal

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario