Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

REAPERTURA ADMISIÓN

Tal e como se publicou esta semana (arquivo engadido) restablécese o procedemento de admisión polo tempo que estaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. Deberá solicitarse cita previa e cumprir as indicacións que vos trasladamos. Este proceso só lle afecta ao alumnado de novo ingreso. O alumnado do centro xa ten garantida a permanencia e NON DEBE volver matricularse.

DÍA DO LIBRO 2020. O Principiño

 

E chegou o 23 de Abril Día do libro. 
Este ano o festexo será diferente.

Neste día tan especial para a comunidade educativa e no que temos tan presente a lectura quixemos ler para todos e todas vós. 


Este ano queremos dedicarllo a un libro que cumpre neste mes de abril 77 anos dende a súa aparición. É unha das obras máis destacadas do século pasado, un clásico para nenas e adultos: ‘O Principiño’. Por iso a pesares deste confinamento e aproveitando as tecnoloxías queremos ler os fragmentos máis significativos do libro. 


Para iso buscamos grandes lectores e lectoras. Atopámolos entre as familias rexistradas como usuarias da nosa biblioteca e entre os mestres do cole.

O Principiño (I parte)

O Principiño (II parte)

INICIAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE 2019-2020

Despois destas inusais vacacións de Semana Santa toca iniciar un terceiro trimestre atípico. Neste primeiro día, queremos recordar aos nosos 87 heroes. Por iso elaboramos unha menciña para a ilusión e a esperanza en forma de video que esperamos que sexa do voso agrado. Recordade tomala a demanda, sempre que o corpo e as forzas mermen.
 
 
 
Comunicarvos que co motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19,  e seguindo as instruccións publicadas no día de onte no portal da Consellería, continuaremos coa actividade lectiva non presencial, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido a través da Aula Virtual do colexio.

DESCARGA ABALARMÓBIL PARA VER OS BOLETÍNS DO 2º TRIMESTRE

INFORMACIÓN 2º AVALIACIÓN

De acordo coas instrucións recibidas da Consellería, durante o día de onte, mércores 1 de abril,  fixemos a avaliación do 2º trimestre, na que se tivo en conta o traballo presencial feito ata o día 13 de marzo, antes da declaración da suspensión da actividade educativa. 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA- COVID -19

 

Estimadas familiaS do CEIP Nosa Señora das Dores, 

 

Poñémonos en contacto con vós para informarvos de que a Consellería acaba de publicar a convocatoria de axudas para os comedores escolares de xestión directa para paliar a suspensión deste servizo debido ao estado de Alarma. Está dirixida ás familias que durante este curso escolar 2019-2020 pagan 0 euros polo comedor ou 1 euro polo mesmo.

Distribuir contido

Pais/Nais

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Aula Virtual 2020_2021

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Información e documentación COVID19

Prema encima para acceder

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participamos no...

PLAN PROXECTA

 

PLAMBE 20/21

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Inicio de sesión de usuario