Letras Galegas 2020
Esta semana festexamos o días das Letras, das nosas, das galegas. Esta celebración constituíuse en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear aquelas persoas que destacasen pola creación literaria en galego ou pola defensa de dita lingua.
A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas ata o mes de outubro. Ricardo Carvalho Calero terá a súa homenaxe nunha medida inédita e sen precedentes o 31 de outubro.
Dende o centro non nos queremos esquecer desta figura e na páxina web fixemos unha escolma cos recursos que coñecemos arredor da súa figura, para que coñezades máis de cerca a este filólogo, escritor e profesor.
Empezaremos cuns personaxes ben coñecidos por todos nós, os Bolechas. Da man da editorial Bolanda, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron a disposición un novo volume de "As miñas primeiras Letras Galegas" dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
REAPERTURA ADMISIÓN
Tal e como se publicou esta semana (arquivo engadido) restablécese o procedemento de admisión polo tempo que estaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. Deberá solicitarse cita previa e cumprir as indicacións que vos trasladamos. Este proceso só lle afecta ao alumnado de novo ingreso. O alumnado do centro xa ten garantida a permanencia e NON DEBE volver matricularse.
DÍA DO LIBRO 2020. O Principiño
E chegou o 23 de Abril Día do libro.
Este ano o festexo será diferente.
Neste día tan especial para a comunidade educativa e no que temos tan presente a lectura quixemos ler para todos e todas vós.
Este ano queremos dedicarllo a un libro que cumpre neste mes de abril 77 anos dende a súa aparición. É unha das obras máis destacadas do século pasado, un clásico para nenas e adultos: ‘O Principiño’. Por iso a pesares deste confinamento e aproveitando as tecnoloxías queremos ler os fragmentos máis significativos do libro.
Para iso buscamos grandes lectores e lectoras. Atopámolos entre as familias rexistradas como usuarias da nosa biblioteca e entre os mestres do cole.
O Principiño (I parte)
O Principiño (II parte)
INICIAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE 2019-2020
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
