Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

CALENDARIO DE NADAL

O equipo de biblioteca e o EDLG xunto coa colaboración das nosas familias elaboraron este singular Calendario de Nadal. 

O funcionamento é sinxelo. Cada un dos días do mes de decembro irase presentando a lectura dun fábula. Polo tanto, o 31 de decembro, contaremos con 31 textos. 

Non volo podedes perder! 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado martes, 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. Nós agardamos ata onte, venres, para inaugurar "A Maxia dos venres" e contar coa presenza de Ana Meilán.

As nenas e os nenos de infantil e primeiro coñeceron ao lobo Rigoberto, un lobo curioso cun pequeno problemiña de gases. 

Os compañeiros e compañeiras de segundo, terceiro e cuarto mergulláronse nun universo moi especial: o das historias. 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

Esta primeira semana do mes de outubro participamos, un ano máis, na Campaña Solidaria de recollida de roupa e zapatos usados organizada pola empresa Mariola Solidaria. 

A actividade desta empresa é a xestión da materia recolectada de modo que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido, esta empresa dedicará parte dos beneficios obtidos durante o proceso, a xestión e a financiación dunha parte de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria na India (www.globalhumanitaria.org).

#CPInnova- #EDUsostibilidade

REUNIÓNS INICIAIS

Durante esta semana realizaremos as reunións iniciais para todos os cursos de infantil e primaria. Estade atentos e atentas aos horarios e non vos esquezades. 

#CPInclue- #CONVIVE-T

MATERIAL ESCOLAR 23/24

PREME ENCIMA PARA ACCEDER A ESTA INFORMACIÓN

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Verán 2024

 

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario