ENQUISA SOBRE O EQUIPAMENTO TECNOLÓXICO
Unha vez iniciado este curso 2020/2021, precisamos que realicedes unha breve enquisa sobre o equipamento tecnolóxico que dispoñedes nas vosas casas.
Esta enquisa é persoal (debedes indicar os vosos datos) e agardamos con ela, coñecer as dificultades de acceso ao contido dixital que teñades.
AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDO PARA O CURSO 2020/21
O Concello de Forcarei, a través dos Servizos Sociais, informaron ao noso centro sobre a apertura do procedemento de concesión de axudas municipais de apoio ao estudo para este curso 2020/2021. Entre as novidades están as seguintes:
LISTADO DE MATERIAL 2020-2021
Nos arquivos adxuntos podedes atopar as listaxes de material para o curso 2020/2021.
Recordade que a maiores do material de aula contaredes con Material COVID-19, derivado da situación que estamos a vivir.
REPARTO DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Todos aquelas familias que solicitástedes fondo de libros e de materiaL, LEMBRADE QUE:
- Xa temos xerados os vales para a compra de material (dende 1º a 6º) e libros de texto (1º e 2º de EP). Para a recollida recordade as indicacións que se vos enviaron por correo electrónico .
- O alumnado de 1º e 2º esperará indicacións dos titores para traer os libros ao centro.
- Os libros de fondo de libros (3º, 4º, e 6º EP) repartiranse entre o alumnado durante os primeiros días de clase. A partires dese momento debemos respectar as indicacións dos titores.
-O alumnado de 5º EP non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
