Familias

Novas de interese para as familias

AXUDAS PARA O ESTUDO DO CONCELLO DE FORCAREI PARA AS FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DIFICULTADE SOCIO-ECONÓMICA.CURSO 2021-2022.

Os servizos Sociais do concello de Forcarei remitiron ao centro información sobre as axudas de apoio ao estudo das cales serán benefeciarios alumnado dende infantil ata secundaria. Recordade que se cumprides os requisitos e a queredes solicitar precisaredes un certificado de matrícula emitido polo centro. Contactade telefónicamente conosco para poder solicitalo. Máis información en https://forcarei.sedeelectronica.gal/. 

 

CALENDARIO ESCOLAR 21-22

O calendario escolar para o curso 2021-2022 seguirá o establecido na Orde 19 de maio do 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 20021-2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Os períodos vacacionais abranguerán: 

  1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.
  2.  Entroido: días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo do 2022.
  3. Semana Santa: desde o día 11 ata o 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

A maiores, durante o vindeiro curso, 2021-2022 o centro contará con dous días de libre disposición:

  • 11 de novembro. Festivo Local. San Martiño.
  • 16 de Maio (autorizado pola Xefatura Territorial)

https://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar 

MATERIAL ESCOLAR 2021-2022

Este xoves puxemos a vosa disposición, de toda a comunidade educativa o listado de material escolar que se precisa o alumnado de educación primaria neste curso 2021-2022.

Na etapa de Educación Infantil serán as mestras titorás quenes lle informarán nas vindeiras semanas da xestión do material. 

Nesta entrada se pode descargar o documento co material correspondente a cada nivel educativo. 

 

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario