AXUDAS MATERIAL E FONDO DE LIBROS- LISTADO PROVISIONAL

Tras revisar e visar as solicitudes de Fondo de Libros para o vindeiro curso, e seguindo as indicacións da Orde do 29 de abril (DOG 18 de maio de 2022) na que se regula a participación no fondo solidario de texto para o curso 2022/2023, pasamos a publicar no taboleiro interior do centro a listaxe provisional das axudas para material escolar e libros. 

De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e tendo presente a Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

As persoas que presentástedes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación: Fondolibros do Portal Educativo. 

Contra a presente LISTA PROVISIONAL hai 48h de prazo de reclamación. O mércores día 13 de xullo publicaremos a listaxe definitiva. 

 

ACLARACIÓNS A TER EN CONTA: 

  1. Esta axuda é só para o alumnado de Educación Primaria. 
  2. O alumnado de 1º EP e 2º EP no caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto. 
  3. O alumnado de 3º EP e 4º EP opta á convocatoria de Libros do fondo do folexio e ao cheque de material. 
  4. O alumnado de 5º EP e 6º EP non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.
  5. O reparto de cheques para axuda a material escolar e libros de texto e as existencias novas do Fondo Libros, repartiranse os primeiros días do mes de setembro. 

Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao centro educativo de 10.30 a 13.00. 

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario