Familias

Novas de interese para as familias

CURSO 2021-2022

O curso 2021/2022 toma á saída. Os mestres e as mestras do centro contamos coas forzas renovadas e mochilas cargadas de ilusión e gañas de traballar para preparar un bo curso 2021/2022. Un ano enriquecedor emocionante, produtivo e alegre, para o cal será necesaria a colaboración de toda a comunidade e o apoio das familias.
A partires de hoxe iremos informándovos e indicándovos avances sobre a organización deste curso lectivo.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO FONDO DE LIBROS 21-22

Tras revisar e visar as solicitudes de Fondo de Libros para o vindeiro curso, e seguindo as indicacións da Orde do 6 de maio (DOG 20 de maio de 2021) na que se regula a participación no fondo solidario de texto para o curso 2021/2022, pasamos a publicar no taboleiro interior do Centro as listaxes provisionais de admitidos (NON hai excluídos). As listaxes definitivas publicaranse o 20 de xullo. 

Para consultar a listaxe de admitidos de xeito telemático, poden acceder á páxina de Fondolibros do Portal Educativo. 

Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao centro educativo de 10.30 a 13.30. 

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 2021/2022

Seguindo as Instrucións enviadas pola Consellería, os usuarios de comedor poderán dispoñer deste servizo previa presentación do Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións relativas á renda do 2020 no centro. 

Teña en conta que: 

- Dispón ata o venres 3 de setembro do 2021 para entregar o anexo no centro.

- Aquel alumnado que non entregue este anexo non poderá facer uso do servizo.

- Se quere facer un simulacro de taxas para o pago do comedor pode facelo premendo na imaxe.

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CIRCULAR FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

(Curso 2021-2022)

 

MAIO DAS LETRAS (1ª parte)

O 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas, polo que durante todo este mes desenvolveremos unha actividade titulada Maio das letras”. A proposta consiste en darlle visibilidade a lingua galega, sobre todo a aquelas palabras que non empregamos habitualmente.

Por tal motivo, dende o equipo da biblioteca (con Biblo á cabeza) e o Equipo de Dinamización da Lingua galega solicitamos que, xunto co vosa familia, procuredes palabras distintas e sorprendentes na nosa lingua. Se atopades varias opcións para cada letra moito mellor.

Procura palabras diferentes, sobre todo que non teñan semellanza no galego e castelá. Por exemplo, evita palabras como pandeireta, xa que a diferenza co castelá está nunha letra: pandereta. Unha mellor opción sería buscar termos como xoaniña, en castelá mariquita, termos que non se asemellan en ambas linguas.

Deixamos un exemplo de A Mesa pola normalización lingüística. 

Fonte:A Mesa pola normalización Lingüística

 

Podedes recurrir tamén aos seguintes enlaces onde descubriredes novos termos e podedes comprobar a existencia dos que vos escolléstedes. 

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario