LISTA AXUDAS MATERIAL E FONDO LIBROS

Desde hoxe está publicada no taboleiro de anuncios do colexio a LISTA DA SOLICITUDE ED330B AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS. 

Consideracións a ter en conta: 

  1. Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.
  2. O alumnado de 1º e 2º non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un vale nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto). 
  3. O alumnado de 3º opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao vale de material. Este curso puidemos cambiar os libros de texto. Facilitouse o novo listado ás librarías da zona e está exposto na páxina web e no taboleiro exterior do colexio.  
  4. O alumnado de 4º opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao vale de material.
  5. O alumnado de 5º non terá libros de texto, xa que formará parte, por primeiro ano, do programa de Educación Dixital da Consellería "E- DIXGAL" e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Si optarán ao cheque de axuda para material escolar aquelas familias que o solicitaran e respectasen os parámetros da convocatoria.
  6. O alumnado de 6º opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao vale de material.
  7. O reparto de vales para axuda a material escolar, así como o das Axudas Libros e as existencias novas do Fondo Libros, repartirase en setembro. 

As persoas que presentástedes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.

Pais/Nais

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Aula Virtual 2020_2021

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Información e documentación COVID19

Prema encima para acceder

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participamos no...

PLAN PROXECTA

 

PLAMBE 20/21

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Inicio de sesión de usuario