RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS (só para alumnado de 6º EP)
Ábrese o prazo para facer a RESERVA DE PRAZA (11 de xaneiro ata o 8 de febreiro 2021) para os alumnos e alumnas que no vindeiro curso, 2021-2022, pasan a 1º ESO no centro aos que está adscrito o CEIP Nosa Señora das Dores: IES CHANO PIÑEIRO.
Para cubrir o formulario de admisión poderase facer a través do anexo que se engade ou ben na aplicación admisionalumnado (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) a través do menú Solicitudes-Reserva-Crear solicitude de reserva. Despois deberán entregalo no centro no que se atopa matriculado o seu fillo/a ou ben presentalo a través da Sede Electrónica.
Debido a situación actual, recomendamos enviar o formulario polo seu fillo/a. Se houbese algún erro dende secretaría contactariamos con vostedes para poder corrixilo.
Se quixeran acudir ao centro deben concertar previamente unha cita. Para iso contacten, telefonicamente ou ben a través do correo electrónico, co centro para poder concertala.
As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión. A RESERVA DE PRAZA no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.
Segundo ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.