Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

2º REPARTO DE FROITA

 

Un ano máis participamos no programa Froita fresca e leite líquido na escola. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Consellería de Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

 

FORCAREI COAS LETRAS

Hoxe, venres 13 de maio, festexamos as Letras Galegas subindo ata a Praza do concello de Forcarei. Baixo o lema "Forcarei coas letras" preparamos, dende o Equipo de dinamización da lingua galega e o de biblioteca, un humilde acto no cal se pretendía dar a coñecer entre a comunidade a figura de Florencio Delgado Gurriarán. 

Para tal ocasión, contamos cos nosos axudantes de primaria, tanto para a presentación como para o recitado de distintos versos. "A Salve", "A Caldeira", "Cousas do outono", "Andan os paxaros" ou "Ti cantar, cantache" foron algúns dos poemas que se leron neste acto conmemorativo, onde estivemos acompañados de todas as familias  e outros membros da comunidade que quixeron achegarse ata a Praza do concello para compartir este momento connosco. 

De agasallo levaron para as súas casas un marcapáxinas e o poema "Aí vén o maio" (adaptación musical de Nacho Hermida do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras). 

UNHA VIAXE POLO UNIVERSO

 

 

Hoxe o alumnado de Infantil e Primaria puido realizar unha singular viaxe polo universo da man de Íñigo de la Quadra- Salcedo dentro dun planetario móbil de última xeración. Descubriron o Universo, as galaxias, o movemento das estrelas, os planetas, e os satélites máis importantes que integran o noso sistema solar.

 

FROITA FRESCA E LEITE LÍQUIDO (2º PERÍODO DE REPARTO)

 

Un ano máis participamos no programa Froita fresca e leite líquido na escola. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Consellería de Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

 

TAPÓNS SOLIDARIOS FOR DENT

A ANPA do CEIP Nosa Señora das Dores, "O Berce" pide a colaboración de toda a comunidade na recolecta de tapóns. En colaboración con  Art for Dent preténdese apoiar a investigación da enfermidade de Dent. Como facelo? Traendo tapóns de todas as formas, cores e castas. 

Agardamos a vosa colaboración. Non nos falledes!

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario