Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

"CERTAME CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS"

Chegou o maio, florido e fermoso e con el, aromas das letras, ecos de poesía e chorimas do mes das flores. Con todo isto, homenaxeamos a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, o autor escollido este ano como represente das nosas Letras. 

Como? Descubrídeo vós mesmos!!!

“Forcarei coas  Letras" é  a proposta que dende o colexio realizamos para conmemorar as Letras Galegas 2022. Marcámonos como obxectivos a conseguir os seguintes: 

  • Coñecer a figura de Florencio, a súa obra e a influencia que tivo na nosa cultura. 
  • Empregar as ferramentas TIC tanto na producción como procura de información. 
  • Dar visibilidade ao noso traballo dentro da comunidade educativa intentando a súa participación.

Para poder acadar estes fins desenvolvemos as seguintes actividades: 

LIBROS DE TEXTO 22-23

Durante o vindeiro curso escolar 2022-2023 contaremos co seguinte listado de Libros de Texto (ficheiro engadido). É importante indicar que:

  • No 1º e 2º nivel da Educación Primaria, o alumnado deberá mercar os libros de texto ao ser estes funxibles. 
  • Contamos con Fondo de Libros Solidario nos niveis de 3º e 4º de Educación Primaria. Os listados das adxudicacións estarán expostos no taboleiro interior ao centro. Contactade co centro se tedes dúbidas.
  • O alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria está inscrito no programa de Educación Dixital- " E- Dixgal" polo que non terá libro de texto nin acceso ao fondo de libros. Si a axuda de material escolar. 

BECAS PARA O ALUMNADO CON NEAE- CURSO 22-23

Acaba de publicarse a Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan as axudas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022-2023. Queda polo tanto aberto o prazo para solicitar esta beca para o vindeiro curso. Este curso adiántase a convocatoria polo que, o prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o 19 de maio ata o 30 de setembro, ambos inclusive. 

A continuación poñemos a vosa disposición os correspondentes enlaces para a súa tramitación: 

- Convocatoria publicada no BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-15578 

- Información sobre os requisitos e acceso ao trámite online na páxina do Ministerio de Educación: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR- CURSO 2022/2023

Normativa de referencia: ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundarias obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2022). 

1.-PERSOAS BENEFICIARIAS

DEPORTE ESCOLAR. MAIO 2022

Deporte Escolar. Campo de fútbol municipal de Forcarei. (19/05/22)

Preme encima da imaxe para acceder á galería.

Despois de case dous anos sen competicións deportivas, o noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria desfrutou dunha xornada de deporte escolar cos compañeiros e compañeiras do CEIP de Soutelo. Empregouse o pavillón municipal para disputar os partidos mixtos de balonmán, fútbol sala e baloncesto. Despois trasladáronse ao campo municipal de fútbol de Forcarei, instalación que gustousamente cedeu o concello, na cal puideron compartir partidos amigables entre o alumnado de ambos centros educativos. 

Unha boa mañá, na cal se fomentou o gusto polo deporte e se permitiu que o alumnado de 6º de primaria puidera coñecer aos seus futuros colegas do IES Chano piñeiro. 

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario