Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

 
Onte o noso alumnado, xunto coas compañeiras e compañeiros do CEIP de S

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30-09-2022), o martes 29 de novembro convocaranse eleccións para a renovación do CONSELLO ESCOLAR deste centro. 

VALE PARA MATERIAL ESCOLAR COMPLEMENTARIO

As familias beneficiarias do vale da Xunta para a compra de material escolar poden recoller o cheque adicional a partir do luns 17 no centro educativo. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución que amplía as axudas para adquirir material escolar  que xa recibiron 50€ obterán agora outros 25€ sen facer ningún trámite adicional. 

En concreto os vales de material van dirixidos ao alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€. O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta e o de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% recibe esta axuda con independencia da renda.

CALENDARIO ESCOLAR 22-23

O calendario escolar para o curso 2022-2023 seguirá o establecido na Orde 20 de maio do 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 8 de setembro de 2022 ao 22 de xuño de 2023, ambos inclusive.

Os períodos vacacionais abranguerán: 

COMEDOR ESCOLAR 22/23

Seguindo as Instrucións enviadas pola Consellería, os usuarios de comedor poderán dispoñer deste servizo previa presentación do Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións relativas á renda do 2021 no centro. 

Teña en conta que: 

- Dispón ata o luns 5 de setembro do 2022 para entregar o anexo no centro.

- Aquel alumnado que non entregue este anexo non poderá facer uso do servizo.

- Se quere facer un simulacro de taxas para o pago do comedor pode facelo premendo na imaxe.

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario