Xoves, 26 de marzo, de 2020.
Bo día familias? Como vos atopades? Espero que cada día que pasa vos sintades un pouco mellor, sendo cada vez máis solidarios con nos mesmos e cos demais, e axudando como podemos, quedando na casa, "Somos Superheroes".
Nestes días é imposible falar doutro tema, pensar ou escoitar outra cousa, que o que está a suceder na actualidade, pois é unha preocupación que todos/as sentimos e polo que notamos un malestar emocional.
O medo é una emoción desagradable pero saudable, necesaria e adaptativa. Pola contra,o medo intenso e extremo lévanos a un bloqueo emocional que nos pode paralizar. Anula a capacidade de reaccionar ou de buscar solucións que nos axuden a estar mellor.
¿Cómo podemos xestionalo? Como bos SUPEHEROES que somos, temos uns …
SUPERPODERES PARA ADAPTARNOS MELLOR NESTES DÍAS E AUMENTAR A NOSA RESISTENCIA FRONTE A CUARENTENA.
1. VALIDAR AS MIÑAS EMOCIÓNS: Falar do que sentimos cos que mellor nos saiban escoitar, como a nosa familia, amigos/as... e importante tamén, escoitar ós demais e que se sintan escoitados.
2. COMO PODO MELLORAR A MIÑA SITUACIÓN? Ollo coas queixas!!; A queixa non serve para nada, o mellor é buscar e propoñer solucións.
3. ACTIVAMOS RECURSOS CREATIVOS (Témolos): como poden ser, ler, escoitar música, bailar, facer crebacabezas, compartir tempos facendo manualidades, xogos en familia, ver películas xuntos, aprender cousas novas, tomar o aire na xanela, no balcón, e usar o sentido do humor). Debemos aproveitar e facer actividades agradables en familia, que normalmente non podemos facer por falta de tempo.
4. CONSTRUÍDE O VOSO PROPIO SIGNIFICADO: Refexionade... Que me pode ensinar isto? Solidaridade, compañerismo, traballo en equipo, resistencia, autocoñecemento…
5. PLANIFICA O TEU TEMPO: Establecede unha rutina e marcade obxectivos realistas que poidamos cumprir, para crear hábitos que nos axude a sorbrelevar isto. Como se ampliou 15 días máis a cuarentena, por si aínda non te planificaches ben, aí vos vai algunha ideas de como facelo:
-
Primeiro, pensamos que queremos cambiar nestos días, qué tipo de rutinas e como podemos organizar o tempo. Exemplo: horario familiar, deberes dos nenos/as, teletraballo, comidas, exercicio en casa…
-
Tendo en conta que nestes días nos costa manternos centrados, hai que ter momentos en qué podemos fallar e buscar algunha táctica para evitar perder a concentración (pódense practicar “diferentes técnicas de relaxación, como a respiración profunda, a meditación, o mindfulness…).
-
O noso plan debe estar visible (colgado onde o poidamos ver).
-
Debemos diferenciar o horario dos días entre semana, e do fin de semana, “mantendo unha rutina de luns a venres, ata que teñamos que quedar na casa.
-
Outra idea, no caso dos nenos/as, é que cada actividade vaia acompañada dun ritual que lles axude a memorizalo no seu día a día. Se van facer os deberes, pódese preparar a habitación e os materiais que se van a utilizar sempre da mesma forma. Si se fai deporte, pois o mesmo.
-
Ao final da xornada convén realizar unha revisión. Todos sentados/as e tranquilos/as comprobamos o que fixemos durante o día, e vemos si se cumpriron as metas, para ir mellorando. Aos nosos fillos e fillas debemos premialos polos seus logros, porque para eles é máis difícil entender o que está sucedendo e poden desorientarse.
6. VIVE O MOMENTO: non te anticipes aos sucesos e aprende a estar contigo mesmo, a escoitarte, a túa mellor contribución, sempre que non teñas a obriga de desprazarte ao teu traballo, é “quédatenecasa”.
7. TES MOITAS FORTALEZAS: Tes que usalas: Teño recursos para afrontar isto? Que é o bo do malo?...
8. SALDREMOS XUNTOS DISTO: Non estás só/soa é una experiencia compartida con todos/as.
Para rematar e como reflexión, debemos pensar que esta crise é unha boa oportunidade para pasar máis tempo en familia, e disfrutar dela ó máximo posible, pois normalmente a nosa rutina diaria, o estrés no traballo, lévanos a non escoitar aos nosos, e a non poder pasar todo o tempo que nos gustaría con eles.
Aproveitemos este momento para facelo!
Ánimo e moita Forza!!
Xuntos conseguirémolo!!