Skip to Content

AS NOSAS EMOCIÓNS

 

                                                         Sábado, 21 de marzo, de 2020.

Bo día! Primeiro comezarei por presentarme, aínda que moitos de vos xa me coñezades, son Belén a orientadora do colexio, e gustaríame prestarvos o meu apoio nesta crise que estamos a vivir, animándovos a quedar na vosa casa polo voso ben e o dos demais, e axudándovos a levalo da mellor forma posible.

Están sendo días difíciles e atípicos para todos/as,  e podemos experimentar o difícil que resulta xestionar dun xeito adecuado as nosas emocións ante tantos cambios na nosa rutina. Sen embargo, aínda que nos custe, debemos ter un bo control emocional, pois é a clave para superar esta etapa da mellor maneira posible.

Un dos maiores expertos en control emocional é o estadounidense David Goleman, Doutor en Psicoloxía Clínica por Harvard e autor do libro “Inteligencia Emocional.” Goleman define a intelixencia emocional, como a habilidade que ten unha persoa para percibir, asimilar, comprender e regular as propias emociones. Polo que o primeiro paso para poder controlar as nosas emocións, é saber poñerlles nome. Por iso, é moi importante o autocoñecemento, é dicir, que saibamos distinguir qué tipo de emocións nos afectan en determinadas circunstancias e cáles son os impulsores que provocan que a veces se desborden.

Todas as emocións básicas funcionan como avisos naturais, que nos dan unha mensaxe valiosa, para reaccionar en cada momento. A intelixencia emocional comeza precisamente aí, en saber escoitar activamente esas mensaxes e telas en conta para influír nas nosas condutas.

A emoción básica máis efémera é a sorpresa, que me informa de que se rompeu o equilibrio que esperaba, despois chega rápido outra emoción a darlle un signo agradable ou desagradable ao sentimento que estou construíndo. A tristeza, pola súa parte cóntame que perdín algo preciado: unha oportunidade, unha cousa, unha persoa… A alegría, dime que logrei algo que quería. O asco ou rexeitamento, que algo ou alguén está atacando os meus valores. O enfado,vén a dicirme que se están saltando os meus límites. E o medo ponme en alerta, porque me di que non teño recursos suficientes para afrontar o que estou vivindo. Todas as emocións son positivas para nos. Pensádeo. ¿Que estades sentindo nestes días?, ¿Como estamos reaccionando ante esta situación?, ¿Como poderiamos mellorala? Podemos reflexionar sobre estas cuestións.

 

Por outra banda, Aproveitando que hoxe 21 de marzo, é o Día Mundial da Poesía, foi proposto en 1998 pola organización Unesco,  anímovos a ler unha cos vosos pequenos/as nestes días.

Os poemas, son un bo vehículo para que os nenos descubran sentimentos ou sensacións. 

“El pez tropical” é un orixinal poema sobre as emocións, de Marisa Alonso Santamaría.

A través dos versos, os nenos/as coñecerán a historia dun pez tropical que cambia de color segundo cómo se sinte. Así, poderán aprender a identificar as diferentes emocións: alegría, enfado, vergoña...

Nada en el mar

un pez tropical,

que vive en un bonito

arrecife de coral.

 

Es de todos los colores

verdes, rojos, amarillos,

y según cambia de humor

un color tiene más brillo.

 

Cuando está muy enfadado

se empieza a poner morado,

pero si está muy nervioso

el que más brilla es el rojo.

 

Si se siente avergonzado

es color anaranjado.

Si se empieza a enamorar,

el azul le brilla más.

 

Si el pez está muy contento

brilla amarillo al momento.

Y si está desanimado,

su color es plateado.

 

Si se siente interesante,

todos brillan al instante, 

pero si le dan un susto,

blanco queda del disgusto.

 

Unha vez lida a poesía con nosos fillos e fillas, poderemos facerlles as seguintes preguntas: ¿Que emocións aparecen nesta poesía? ¿Con cal delas me sinto identificado/a neste momento?.Ademais, Poderán expresar  o que senten a  través dun debuxo.

Por último, déixovos o meu correo electrónico: belencs.orientadora@gmail.com, por se tedes algunha dúbida ou consulta, na que vos poida axudar, podedes poñervos en contacto comigo en horario de 10:00 a 13:00h. Estamos xuntos nisto!

 

 



paxina | by Dr. Radut