Novas

APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIIVA DO CENTRO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NO COMEDOR CURSO 2017/2018

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2017/2018

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 17/18, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 20 de setembro de 2017, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2017.

Durante o curso escolar 2017/2018 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas

PARTICIPAMOS NO XI ENCONTROS DE XOGOS TRADICIONAIS - BRINQUEDIA

  O sábado 27 de maio o alumnado do noso centro, acompañado por tres mestres, asistiron ao XI Encontro de Xogos Tradicionais organizado por Brinquedia.

Como sempre foi un día especial.

 

 

Preme en Brinquedia, para ver máis fotos

 

 

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017/2018

Con data 22de maio de 2017, publicouse a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e onde se convocan as axudas para a adquisición dos libros de texto e material escolar para o curso 2017-18, para todo o alumnado de centros sostidos con fondos públicos.

O FONDO SOLIDARIO está vixente nos cursos en primaria.

As AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO están destinadas ao alumnado que curse 1º ou 2º de Primaria.

As AXUDAS PARA MATERIAL son para o alumnado de todos os cursos que cumpran as condicións fixadas na devandita orde.

Podedes consultar as bases e a convocatoria no portal da Consellería,

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

ou no DOGA correspondente. 

As instancias pódense recoller no centro (unha por cada alumno/a) ou descargar  ANEXO no

enderezo http://edu.xunta.es e presentaranse no centro de novo xunto co resto da documentación para a súa tramitación.

O prazo para presentalas  é  ata o 23 de xuño , aínda que para axilizar os trámites e poder entregar os vales correpondentes canto antes pregámoslles as entreguen na Secretaría do centro  o máis pronto posible neste mes de maio , en horario de 11.10 a 12.00 horas .

O alumnado que o vindeiro curso 2017-2018 curse 1º e 2º de primaria pode solicitar axudas para libros e para material . Os que cursen 3º e 4º poden solicitar participar no fondo solidario e tamén poden pedir a axuda para material . Por último , os/as alumnos/as que vaian cursar 5º e 6º soamente poden solicitar axudas para material , pois ao estar no proxecto EDIXGAL non precisan libros de texto 

 

Distribuir contido