Novas

EXPOSICIÓN DE CARICATURAS "POLA CARA"

Contamos no centro cunha exposición itinerante, cedida polo Museo do Humor de Fene, chamada "POLA CARA" que amosa 53 caricaturas feitas por autores galegos, españois e e internacionais. Por iso, convidamos a todas as familias da nosa comunidade educativa a achegarse ao centro, dentro do horario lectivo, para poder visitala.

 

(máis información no Blog da Biblioteca)

 

 

ABALAR MÓBIL: GUIA PARA AS FAMILIAS

Desde o presente curso, o noso centro está incluido dentro da rede ABALAR MÓBIL da Consellería de Educación. As familias poderán acceder a datos académicos dos seus fillos, a través desta aplicación, que poderá estar instalada no teléfono móbil ou en tablets. Premendo sobre a foto, dispoñen dunha guía de instalación e utilización.

CURSO 2015-2016

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

No DOGA do 1 de setembro apararecen publicadas as axudas para a adquisición de material escolar destinadas aos alumnos matriculados en educación primaria, ESO e educación especial. Terán dereito a esta axuda aquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 5.400€

 

O primeiro día de clase os nenos levarán os impresos de solicitude correspondentes ás casas, e estas deberán ser presentadas na secretaría do centro antes do 30 de setembro, pero pregamos facelo canto antes para poder xerar os vales o antes posible.

No seguinte enlace pódese consultar os requisitos para solicitalas. DOGA

 

 

 

O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO I CONGRESO DE CENTROS EDUCATIVOS "ESCOLAS EN ACCIÓN" de REDE NATURA 2000

O pasado venres 5 de xuño, os rapaces e rapazas de 5º e 6º do noso centro participaron no I Congreso de Centros Educativos "Escolas en Acción", celebrado na Cidade da Cultura, en Santiago e organizado por CEIDA,  cun proxecto titulado "As fragas do Eume, patrimonio natural e cultural". Asimesmo, levaron a cabo unha exhibición dos xogos tradicionais que estamos a traballar na escola e dos que nos sentimos tan orgullosos. Todo un éxito. Deixámosvos unhas fotos para que vexades como foi o congreso. En breve o documental das Fragas.

 

 

 

CONVOCADAS AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Está publicada no DOG do día 1 de xuño as ordes polas que se convocan axudas para

a adquisición de libros de texto e se regula o fondo solidario de libros de texto destinadas ao alumnado  de educación primaria  e secundaria obrigatoria.

 

As instancias pódense recoller no centro (unha por cada alumno/a) ou descargar no enderezo http://edu.xunta.es e presentaranse no centro de novo xunto, co resto da documentación, para a súa tramitación.

O prazo para presentalas para primaria é do 2 de xuño ata o 1 de xullo, aínda que, para axilizar os trámites e poder entregar os vales correpondentes canto ante,s pregámoslles as entreguen o máis pronto posible ( antes do 18 de xuño) , en horario de 11:10 a 12:00 horas .

 

(picar en arquivos adxuntos para ver ou imprimir as ordes. En "comunicado familias" figuran os requisitos e documentación a entregar)

DÍA DO LIBRO CON ANTÓN CORTIZAS

O 23 de abril celebramos o Día do Libro con Antón Cortizas. Un día inesquecíbel para todos.

 

LISTAXE DEFINITIVO DE ALUMNOS/AS ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2015/2016

 

4º Educación Infantil

 

Apelidos e nome

Admitido/a

Puntuación total

1

Gama Pérez , Nerina

S

20

2

Meizoso Antón , Breogán

S

18

3

Corral Rodríguez , Daniel

S

17

4

Seijas Pardo , Ainara

S

10

5

Tabares Paz , Adrián

S

10

6

Fernández Martínez , Alexia

S

10

7

Pérez López , Hugo

S

7

8

Permuy Piñeiro , Manuel

S

7

9

Tenreiro Sobredo , Andrea

S

7

10

Breijo Criado , Ainhoa

S

4

 

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2015/2016

 

 

DESDE O DÍA            1 DE MARZO

 

ATA O DÍA                  20 DE MARZO

 

Poden recoller a documentación na secretaría do Centro de luns a venres de 12 a 13h..

Máis información do decreto de admisión e intrucións da consellería no taboleiro interior do Colexio ou nesta web. (arquivos adxuntos).

    (adxúntanse arquivos para descargar directamente dende a páxina)

 

Distribuir contido