Novas

OS MANDADOS DO MECO

 

 

RAPAZAS E RAPACES,

O ENTROIDO XA VAI CHEGANDO

AQUÍ VOS PRESENTAMOS AO MECO,

CO SEU PRIMEIRO MANDADO.

 

 

 

 

CHARLA "NAVEGA CON RUMBO"

              

O vindeiro mércores 21 de xaneiro contaremos, no noso centro, cos representantes de "Navega con Rumbo", un programa posto en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración co Colexio de Inxenieros de informática de Galicia, coa fin de levar a cabo unha charla informativa sobre a seguridade na Internet.

A charla para o alumnado de 4º, 5º e 6º será ás 14.30 h. Pero, nesta ocasión, tamén podemos ofrecer unha charla para as familias que se desenvolverá a partires das 16.00 h.

Aninamos a todos a participar!

(pinchando na foto poden acceder ás guías da Internet para alumnado e para familias)                                                                                          

 

 

FESTIVAL DE NADAL

O vindeiro venres 19 de decembro celebraremos, como xa é tradición, o Festival de Nadal no Salón de Actos da Cooperativa dos Calzados. O festival dará comezo arredor das 10:15h. 

A orde de Actuación será a seguinte:

- Obra de teatro (agasallo dunha editorial).

-  3º e 4º.

-  Ed. Infantil.

- 5º e 6º.

- 1º e 2º

 

Os transportes farán os seguintes itinerarios:

T1.- Saída ás 9:15h. pasando por: Alto da Serra, Soaserra, Lavandeira, Regüela, Formariz, Vilar de Mouros, A Grúa, Racamonde, A Buíña, Curbeira, Paizás, Igrexa de Caaveiro, A Porta e Os Calzados.

T2.-  Saída ás 9:30h do colexio pasando por: Penagrande, Seixo, Filgueiras, Teixeira, Sande e Os Calzados.

T3.- (GARCÍA). Saída ás 9:30h. das Neves pasando por: A Ribeira, O Poboado, A Estoxa, Mende, Gunxel, Vilasuso e Os Calzados.

(Os nenos e nenas das Neves utilizarán o transporte 2)

 

* Á volta (sobre as 13:00 horas) os percorridos serán os mesmos pero á inversa.

 

MOI IMPORTANTE:

O ALUMNADO, QUE VOLTE Á CASA COA FAMILIA, DEBE AVISAR AO TITOR /A CORRESPONDENTE.

 

BO NADAL E VENTUREIRO ANINOVO 2015!!!

RESULTADO DAS VOTACIÓNS DOS REPRESENTANTES DE PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

O pasado mércores 26 de novembro celebráronse as votacións para a elección de representantes de pais e nais no Consello Escolar. Os resultados das mesmas foron os seguintes:

 

  • 9 votos - María del Carmen Almeida Cascudo
  • 7 votos - Esther Pardo

VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DE PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

O próximo mércores 26 de novembro, en horario de 16.30 h. a 18.00 h. realizaranse as votacións para elexir os representantes dos pais e nais no Consello Escolar, polo que esta dirección lles convida a participar.

CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Comunicamos que está aberto o prazo para a presentación de candidaturas para membros do Consello Escolar. O prazo está aberto ata o 18 de novembro de 2014.

@s pais/nais interesados en presentarse poden recoller o impreso correspondente na Secretaría do Centro.

 Lembramos que a data da votación será o mércores, 26 de novembro de 2014.

LA CAIXA E CONFAPA GALICIA APOIA ÁS FAMILIAS

A Fundación LA CAIXA en colaboración con CONFAPA GALICIA quixeron sumarse ao esforzo que están a facer as familias, neste principio de curso, poñendo a disposición das asociacións de nais e pais de alumnos, varios lotes de material escolar. O noso centro foi un dos afortunados que recibiron esta axuda, por mediación da ANPA do centro. Agradecemos, dende aquí, estas iniciativas que traballan por un ensino igualitario e de calidade para todos.

HORARIO DE INVERNO

A partir do día 1 de outubro comezamos a funcionar co horario de inverno.

Os nenos deben traer o neceser para o seu aseo, despois de comer. A merenda de media mañá xa non é necesaria.

Entrada: 09:45h

Comedor: 13:05h a 14:35h

Saída: 16:45h

ABERTO O PRAZO PARA A ADMISIÓN DE MEMBROS COMO COLABORADORES NO SERVIZO DE COMEDOR

As nais, os pais e titores do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo deste curso 2014/2015, colaborar dun xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas que, habilitadas para tal fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 28 de setembro de 2014, podéndose reabrir un novo prazo, se é o caso, ata o 21 de decembro de 2014.

Durante o curso 2014/2015 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

A Dirección

Distribuir contido