A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

4º EI

BUSCAMOS ESQUÍOS COS NOSOS ROBOTS

Na sesión de hoxe estivemos buscando esquíos. Tiñamos que tirar un súper dado e buscar nas polas árbores tantos esquíos como marcase o dado. Despois tiñamos que levar aos nosos robot ata alí. Cómo nos divertimos!!

COÑECEMOS AS VOGAIS CON BEE-BOT

Hoxe estivemos coñecendo as vogais coa axuda da nosas mascotas. Tiñamos que levar a Maya e a Next a vogal pola que comezaba o debuxo da tarxeta. Deixámosvos unhas fotos para que vexades como o pasamos!

CONTAMOS ATA 5 COS NOSOS ROBOTS

Como xa vos adiantamos o outro día, este ano nas sesións de estimulación da linguaxe imos ter dous robots. Hoxe comezamos a traballar con eles, tiñamos que contar os productos do outono que estaban nas cestas (castañas, millo, cabazas...) e levar aos robots ata o número correcto. Que ben o pasamos!

COÑECEMOS AS NOVAS MASCOTAS

Este ano nas sesións de estimulación da linguaxe en 3 anos imos ter dúas novas mascotas: uns ROBOTS!

Powered by Drupal - Design by artinet