A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

Educación física

CORREMELIDE

O 19 de maio celebrouse o CORREMELIDE, destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Foi una xornada que tivo como finalizade a dinamización da lingua galega a través da práctica deportiva

Achegamos a organización da xornada:

Ademais disto, o alumnado dos diferentes centros puido desfrutar de xogos populares e tradicionais.

 

Dance Revolution

Neste semana comezamos coa dinámica de "Dance Revolution", para a cal achegamos as fichas cos diferentes pasos para que poidades practicar na casa con familiares e incluso amigos/as.

Enlace fichas (Preme AQUÍ)

Enlace pistas musicais (Preme AQUí)

Como xa sabedes, podedes mandar mostras do voso traballo á seguinte dirección de correo electrónico: ticsmartagona@gmail.com

Esperamos que o pasedes moi ben e, sobre todo, que coidemos todos e todas o noso corpo.

EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Somos conscientes das dificultades que as restriccións impostas polo Goberno comportan para cada un de nós no día a día. En poucas horas, as nosas vidas cambiaron por completo. Esta nova situación de confimamento invita a pasar máis horas sentados, no sofá, diante das pantallas...

As nenas e nenos precisan actividade física diaria, tanto dende o punto de vista da saúde como das repercusións que o movemento tén no proceso de aprendizaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet