A nosa benvida ao CEIP Martagona
A nosa benvida ao CEIP Martagona
Na ORDE do 12 de maio de 2020 ( DOG nº 96) regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.
BENEFICIARIAS
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E. Primaria, ESO e EE.
PRESENTACION DAS SOLICITUDES
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará o venres, día 19 de xuño de 2020.
Pódese facer:
De xeito telemático: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
De xeito presencial: Para iso deberán chamar ao teléfono 881866149 para concertar unha cita.
Recorden que deben acudir ao centro con máscara hixiénica, respectar a distancia de seguridade e as indicacións do persoal do centro para garantir a seguridade de todas as persoas.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |