A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

MATERIAL DE REPASO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Prezadas familias.

Como sabedes, as autoridades educativas decidiron o peche dos centros docentes dende o luns, 16 de marzo, e durante 14 días, debido á presenza do virus COVID-19.

 

Aconsellamos que sigades as indicacións das autoridades sanitarias e informámosvos dos números onde podedes chamar en caso de emerxencia: 061 e 900400116.

 

PUBLÍCANSE, COMO ARQUIVOS ADXUNTOS, OS MATERIAIS QUE PREPARAMOS. PREGAMOS QUE SIGADES AS SEGUINTES RECOMENDACIÓNS AO RESPECTO:

-Colgamos un caderniño de actividades de lecto-escritura e outro de actividades lóxico-matemáticas. PODEN FACER UNHA OU DÚAS FICHAS CADA DÍA.

- Tamén vos achegamos unha ligazón que vos dará acceso a unha interesante colección de audiocontos. PREMEDE AQUÍ.

Os nenos poden escoitar un conto cada día. Por suposto, non deixedes de lerlles vós outros contos, e animádeos a ler na medida das súas posibilidades.

- Trátase de actividades de REPASO, que NON SERÁN OBXECTO DE AVALIACIÓN.

Apoiade aos vosos fillos e fillas na resolución das tarefas.

Se as nenas e nenos experimentan dificultades ou dúbidas, NON PASA NADA, xa se resolverán cando a situación se normalice.

Complementade este traballo CON LECTURAS, XOGOS, PUZZLES, CONSTRUCCIÓNS E TODO AQUILO QUE ESPERTE O INTERESE DAS NENAS E NENOS...

- Fomentade nos vosos fillos a colaboración nas tarefas do fogar...

 

Achegamos as tarefas a través da páxina web para evitar contacto directo entre as persoas. Debedes, polo tanto, descargar o arquivo e imprimilo.

Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración, podedes contactar coa Dirección do centro e co profesorado a través do teléfono  (881866149), ou a través do correo electrónico (ceip.martagona@edu.xunta.es)

 

TANTO A ATENCIÓN TELEFÓNICA COMO PRESENCIAL ESTARÁN CONDICIONADAS AO QUE DECRETEN AS AUTORIDADES NAS PRÓXIMAS DATAS.

 

Grazas pola colaboración.

Desexamos que esta situación se revirta á maior brevidade posible.

AdxuntoTamaño
caderno lóxico-matemática.pdf2.45 MB
caderno lectoescritura.pdf1.58 MB

Powered by Drupal - Design by artinet