A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

30 de Xaneiro

Día da PAZ

 

Para a celebración desta conmemoración no noso Centro, realizáronse diferentes actividades: unidades didácticas nos diferentes niveis; papiroflexia, coa confección de pombas da Paz; murais; exposición de libros sobre a temática, na biblioteca; e un contacontos.

Aquí tedes algunhas fotos.

 

Decoración dos corredores

 

 

 

 

 

Contacontos Pedro Brandariz

 

Ed. Infantil

 

 

1º e 2º

 

 

3º e 4º

 

 

5º e 6º

RESERVA DE PRAZA PARA O IES

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022-2023

 

1. Para iniciar o proceso de reserva de praza do alumnado de 6º curso para o IES de Melide (centro adscrito) deberán ter en conta o seguinte:

 

  • Presentación da solicitude de reserva segundo o Anexo I  da Orde do 18 de decembro de 2020 (procedemento ED550A), que será facilitada polo Centro ou que poden descargardirectamente da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

 

SOLICITUDES  →  RESERVA DE PRAZAS  → CREAR SOLICITUDE RESERVA

  • Entregarase no centro educativo no que está matriculado o alumno/a.

 

  • Prazo: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021.

 

2. O alumnado que NON queira cursar a ESO no IES de Melide deberá comunicalo no Centro.

 

Lexislación aplicable:

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado (DOG, 26/12/2012)

- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG, 15/03/2013)

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG, 01/02/2017)

- Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG, 22/12/2020)

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL


 

NADAL NO CEIP MARTAGONA

Chegou o Nadal, e para celebralo decoramos o noso Centro como se merece. As familias recibirán unha ligazón para poder acceder a un vídeo resumo das actividades realizadas.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

As nenas e nenos do colexio participaron nun concurso de postais de Nadal. Todos eles recibirán un pequeno agasallo polo seu esforzo. O xurado, despois dunha dura deliberación, seleccionou aos seguintes gañadores:

 


 

 

 

NORABOA A TODAS E TODOS!

AXUDAS PARA MERCAR MASCARILLAS

AXUDAS PARA MERCAR MASCARILLAS

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) Diario Oficial de Galicia nº 218, do venres 12 de novembro de2021.

 

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

1.    

O alumnado que recibiu  axuda de material escolar no curso 2021-22 nonten que presentar a solicitude

2.    

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-22 e que cumpra algunha das seguintes condicións ten que presentar a solicitude:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Será de 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir,do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro, con cita previa.

MAGOSTO E PEÓN 2021

O pasado venres, 12 de novembro, celebramos no noso Centro o Magosto e tamén o día do Peón. Nenas e nenos participaron nun circuíto de actividades arredor do eixo motivador do Magosto. Como non podía ser doutro xeito, comeron as castañas e ao final da xornada participaron no tradicional concurso do lanzamento de peón. Todo o alumnado levou para a casa un pequeno agasallo conmemorativo e, ademais, as gañadoras e gañadores, o correspondente diploma acreditativo.

As familias recibiron por Abalarmobil unha ligazón para visualizar unha pequena montaxe de vídeo.

 

 

FAI CLIC AO TEU BOCATA

As nenas e nenos de Educación Primaria do noso Centro participaron no día de hoxe no obradoiro nomeado "Fai clic ao teu bocata", co obxectivo de fomentar hábitos alimentario saudables, e tamén dar a coñecer e fomentar o consumo dos produtos en conserva existentes en Galicia.

 

Podedes ver a continuación un pequeno vídeo.

 

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN RELACIONADA

COAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Powered by Drupal - Design by artinet