A nosa benvida ao CEIP Martagona
A nosa benvida ao CEIP Martagona
Chegou decembro e o tan agardado Nadal. No Martagona colaborou toda a comunidade educativa para facer destas datas un momento moi especial, e dende logo que o conseguimos!
Preme na imaxe para ver
O pasado día 25 de novembro o CEIP Martagona xuntouse para conmemorar este día, entre todos quixemos facer máis visible e poñer da nosa parte para conseguir erradicar todo tipo de violencia.
Preme na imaxe para ver
O pasado venres día 1 de decembro o alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° de primaria desprazouse ata a área recreativa da Magdalena en Castrofeito - O Pino participando na modalidade Xogade (campo a través) dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva.
Unha xornada de convivencia compartindo experiencias con outros centros, e sobre todo, unha xornada lúdica co deporte como protagonista.
Noraboa a todas e todos!
Presiona na seguinte imaxe para ver un pequeno resumo dese día.
Dende o CEIP Martagona aproveitamos para desexarlle un bo Nadal a toda a comunidade educativa, así como un próspero ano 2024.
As nenas e nenos de infantil foron o martes 21 de novembro ao centro sociocultural Mingos de Pita, unha visita que dende logo mereceu moito a pena.
Queredes velo? Pois presiona sobre a seguinte imaxe e verás que ben o pasamos
O magosto chegou ao Ceip Martagona!!
Actividades, xogos populares, manualidades, DÍA DO PEÓN... un día incríble!
Como xa sabes, presiona na imaxe e poderás ver un resumo deste gran día.
Clica sobre as diferentes imaxes para poder acceder ás programacións de cada nivel.
E chegou o Samaín, data sinalada no Martagona. Este día 31 pasámolo de medo!
(Clica na imaxe e verás...)
O día 24 de outrubro conmemoramos o día das bibliotecas, e como non puido ser doutro xeito, esta data non pasou inadvertida no CEIP Martagona.
O noso equipo de biblioteca encargouse de facer desta data un momento moi especial, pero non vos conto máis, mellor que o vexades por vós mesmos.
(Presiona na imaxe)
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |