Skip to Content

Novas

LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN 2019 - 2020

Publicamos as listaxes definitvas do proceso de admisión 2019-2020:

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE PINTORAS!!

Facemos entrega dos premios do noso Concurso de Mulleres Pintoras, organizado dentro do noso proxecto de centro: Tripulando a Igualdade. Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado que participou nesta marabillosa iniciativa.

VISITA DO ESCRITOR ANTONIO MANUEL FRAGA ALLEGUE!!

Despois da lectura dos libros "Escaquis e Romeu" e "O Castañeiro de abril", recibimos a visita deste marabilloso escritor. 

                

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

A nosa seguridade é o primeiro!! Por iso traballamos, colaboramos e realizamos con éxito o simulacro de evacuación deste curso escolar.

           

LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN 2019 - 2020

A dirección do colexio fai públicas as LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos e non admitidos nos diferentes niveis educativos, unha vez informado o Consello Escolar do centro en reunión ordinaria.

Poderá formularse reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación (Art. 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013).

BOLSAS DE COMEDOR para o curso 2019 - 2020

Visita da escritora ÁNXELA LOUREIRO!!

Despois da lectura do libro OTA QUERE VOAR, recibimos a visita da escritora Ánxela Loureiro. Que marabillosa experiencia!!

 

                                           

                                          

Patrulla verde. Programa Animal Bo Amigo.

 

 

A Patrulla Verde, xunto cun membro do Servizo municipal de Medio Ambiente e o seu can, visitaron as aulas de 6º de Educación Primaria para falarnos sobre a responsabilidade que supón o cuidado dun animal doméstico e a convivencia cos mesmos.

 

 

Recibimos á escritora María Canosa!!

Despois de ler o libro "A cazadora de estrelas" tivemos o pracer de gozar coa visita desta brillante escritora!! Podedes ver máis fotografías na nosa Galería de Imaxes.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2019-2020

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2019-2020, será do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos. 

Lembramos que os días 4, 5, 6, 18 e 19 de marzo serán días non lectivos e, polo tanto, a secretaría do centro estará pechada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut