Skip to Content

CURSO 2021-2022

Prezadas familias,

Un ano máis o COVID segue presente na vida diaria e por extensión nas nosas escolas.

Continuamos a traballar  na adecuación das nosas instalacións para cumprir coa normativa legal que nos van comunicando. Do mesmo xeito estamos a planificar os cambios organizativos e pedagóxicos que, nesta situación sanitaria actual, temos que implementar en función dos recursos persoais e materiais dos que dispoñemos de cara ao vindeiro curso escolar, aínda que xa comunicamos que os protocolos organizativos e de funcionamento do noso centro serán os mesmos que o pasado ano académico.

Ao longo destes días e antes do comezo da actividade lectiva lembraremos as medidas organizativas e pedagóxicas para o curso 2021-2022.

Unha vez máis e  dende este momento pedimos a máxima colaboración, respecto e paciencia no cumprimento das normas que rexerán o funcionamento do centro, entendendo que a nosa primeira e primordial  preocupación é e será sempre o benestar do noso alumnado.

Tamén comunicamos que este ano o centro comezará un proceso integral de renovación estrutural para a mellora do edificio, que pode implicar medidas organizativas extraordinarias. Sabemos que estas obras poden provocar molestias pero resulta primordial acometelas canto antes.

Unha aperta moi grande!!



paxina | by Dr. Radut