Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS 2021 - 2022

No DOG do xoves 20 de maio de 2021 publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso.

O prazo está aberto dende o 21 de maio ata o martes 22 de XUÑO de 2021.

A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces:  FONDO DE LIBROS e SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Tamén pode presentarse na secretaría do centro BAIXO CITA PREVIA no horario de 10:00 a 13:00h.

A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo, para a realización do trámite administrativo, a unha soa persoa.

Para evitar viaxes innecesarias ao centro é importante que revisen que tanto a documentación coma as  sinaturas de todos os membros computables da unidade familiar estean completas.

Anexo I e II

Cirucular Informativa



paxina | by Dr. Radut