Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2018

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2018

(Orde do 9 de maio de 2018; DOG, 21 de maio de 2018)

1.- TIPOS DE AXUDAS

1.a.) Fondo solidario de libros de texto:

-Poderá solicitala todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria independentemente da renda que teñan.

Os libros adxudicaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Esgotados os libros dispoñibles no fondo, o Centro garantirá a entrega de 6 libros de texto ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€ e 4 libros aos que teñan una renda superior a 5.400€ e inferior a 9.000€, se están catalogados e á venda.

1.b.)- Adquisición de libros de texto para 1º e 2º de primaria:

- Para o alumnado con renda per cápita familiar inferior a 5.400€ a axuda será de 170€.

- Para o alumnado con renda per  cápita familiar superior a 5.400€ e inferior a 9.000€ a axuda será de 90€.

1.c.).- Adquisición de material escolar:

- Poderá solicitalo todo o alumnado de primaria con renda per cápita inferior a 5.400€. A axuda será de 50€.

PARA OPTAR A CALQUERA DESTAS AXUDAS, É IMPRESCINDIBLE TER DEVOLTO OS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO OU OS MERCADOS COAS AXUDAS DO CURSO 2017/18 (agás os textos de 1º e 2º de Primaria), INCLUÍDO O MATERIAL REUTILIZABLE ADQUIRIDO COAS AXUDAS.

 

2. SOLICITUDES

2.1.- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo Centro docente.

2.2.- As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais, titores ou representantes legais.

2.3.- Cando no momento de presentar  a solicitude o alumnado aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro no que estea matriculado no curso actual.

2.4.- As persoas que desexen optar ás axudas deberán presentar a solicitude en formato papel (anexo I) no centro docente no que estea matriculado o alumno/a, por vía electrónica, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2.5.- As solicitudes poderán obterse no centro, descargarse na súa páxina web, na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal ; no portal educativo: http://www.edu.xunta.gal  e nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e O.U.

2.6.- A solicitude deberá ser asinada polo pai, nai ou titor/a do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos esixidos nela, que son certos os datos indicados e que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros e o material reutilizable.

2.7.-Prazo de presentación de solicitudes: do 22 de maio ao 22 de xuño (este incluído).

 

3. DOCUMENTACIÓN

 Identidade: Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b)Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar e copia do mesmo. Nos casos de non ter libro ou este non reflicta a situación a dia 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o nº de membros utilizando algún dos seguintes medios: sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso,  convenio regulador onde conste a custodia do/da menor; certificado ou volante de convivencia; informe dos servizos sociais que acredite a situación familiar.

c)Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia (en caso de discapacidade recoñecida pola Xunta, consultaranse automaticamente os datos).

d)Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e)Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f)Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.

g)Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do Concello, no caso de que o pai e a nai ou titor/titores carezan de DNI e NIE.

 

Requerirase a exhibición dos documentos orixinais para o cotexo das copias presentadas. No caso de presentación electrónica, os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos presentados. A Administración poderá requirir igualmente a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia presentada.

 

4.- ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA

4.1.- Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno/a, presentarase orixinal e copia da documentación. No caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentar orixinal ou copia debidamente compulsada.

4.2.- A documentación debe reflectir a situación persoal, económica e familiar a 31 de decembro de 2016.

4.3.- Ademais do material escolar habitual, teñen tal consideración os caderniños das distintas materias (“Activity  Book” de Inglés, caderniño de Música, diccionarios,…).

4.4.- Cálculo da renda per cápita

Na declaración da renda do 2016, sumaranse os recadros 392 (base impoñible xeral) e 405 (base impoñible do aforro) de todos os membros da familia que obteñan ingresos e dividirase o resultado polo número de membros da familia; cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (Certificado de imputacións emitido pola AEAT).

4.5.- Determinación da unidade familiar  (Terase en conta a situación a 31 de decembro de 2016):

Forman a unidade familiar:

- Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

- Os fillos/as menores de idade

- Os fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Os fillos/as solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

- Os proxenitores  separados legalmente ou divorciados con custodia compartida.

- A persoa que por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar   coa persoa proxenitora do alumno/a.

- No caso de non existir vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai, a nai e os fillos que vivan con eles e que reúnan os requisitos dos puntos anteriores.

4.6.- Obrigas dos beneficiarios

- Devolver os libros de texto e material reutilizable adquirido coas axudas de libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18.

- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros no curso 2018/19.

- Destinar o vale para adquirir os libros que indique o Centro.

- Destinar o importe do vale para adquirir o material escolar necesario e indicado polo centro.

5.- PRAZOS

·         Devolución de libros de texto do fondo solidario na correspondente titoría: antes do 18 de xuño.

·         Publicación das listas provisionais de beneficiarios: 29 de xuño.

·         Prazo de reclamación ás listas provisionais: 2 e 3 de xullo.

·         Publicación das listas definitivas: 5 de xullo.

·         Entrega dos vales para axuda de compra de libros (1º e 2º de Primaria) e de material escolar (1º a 6º de Primaria) poderán elixir entre as seguintes datas de recollida:

§  5 e 6 de xullo: de 10:00 a 14:00 h.

§  4 de setembro: de 10:00 a 12:00 h.

·         Entrega dos libros adxudicados no fondo solidario (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria): 6 de setembro nas aulas correspondentes, en horario de 12:00 a 14:00.

 

*Estes prazos poderían variar dependendo do funcionamento das aplicacións informáticas da Consellería. As posibles modificacións serían anunciadas na páxina web do Centro : www.edu.xunta.gal/centros/ceipmariapita/

 

*Esta información tamén é válida para o alumnado de 6º curso, que deberá entregar a solicitude no centro no que estea admitido para cursar 1º de ESO o vindeiro ano académico 2018-19.

Normativas: ORDE e ANEXOS

SOLICITUDE



paxina | by Dr. Radut