Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Blog da Biblioteca

DÍA DE ROSALÍA

10/03/2020 12:47
Europe/Madrid

O pasado 24 de febreiro celebróuse o día de Rosalía de Castro, pero como nos coincidíu coas vacacións de entroido decidimos celebralo o martes 3 de marzo. Éste ano adicóuse a lectura pública da obra da nosa escritora, e os protagonistas deste acto foron os colaboradores da biblioteca, quenes prepararon a lectura dalgúns poemas da poetisa acompañados de melodía. Todo isto foi posible grazas á colaboración de dous mestres do centro (a profe Marta de música e o profe Martin o orientador). Agradecemos a todos eles por nos facer pasar un rato tan bonito e emotivo e especialmete a artífice da actividade a mestra Deli. Ata pronto!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA

29/10/2019 20:30
Europe/Madrid

Ola a todos e todas e benvidos !!!! 

Este curso ven cheíño de novidades que vos iremos contando,...E, para empezar con bo pé, nada mellor que celebrar o día grande da nosa Biblio...Está MULTILEO, a nosa mascota, ilusionadísima e con moitas gañas de contarvos como celebramos o aniversario o pasado 24 e 25 de Outubro na biblioteca.

Primeiro os colaboradores da biblioteca foron os encargados de facer a actividade “Eu léoche un conto” cos máis novos do cole, os nenos e nenas de 3 anos, a quenes levaron á biblioteca e tamén lles entregaron os seus novos carnés e os exemplares dos Bolechas que nos regalou Sogama para entregar a todo o alumnado de infantil.

Os colaboradores con nen@s de 4º EI                      

 

Outra das actividades, que realizaron tódolos cursos foi a de “ Recomendo un libro da miña Biblioteca”. Os nen@s escolleron un libro ou conto da Biblio e logo fixeron un debuxo da súa portada e escribiron o título do libro escollido xunto co seu nome. Unha vez que todos remataron a actividade realizóuse unha exposición co resultado do traballo.

                      

 

 

              

 

                                                                                 

 

MULTILEO está moi contento polo gran traballo que levaron a cabo tódolos alumnos e alumnas e mándalles unha aperta moi grande para cada un deles!!!!

 

 

 

 

 

AUDIOLIBROS

19/06/2019 01:19
Europe/Madrid

 

 

AUDIO LIBRO: A qué sabe a Lúa  

AUTOR:  Michael Grejniec

LIDO POR:  Alumnos de 1º de Primaria

DATA: 19 de xuño de 2019

   
   
   

Enquisa da biblioteca 2019

27/05/2019
Europe/Madrid

Visita de Miguel Anxo Romero

15/05/2019 08:54
Europe/Madrid

Este próximo 16 de maio, data na que celebraremos as Letras Galegas, visitaranos Miguel Anxo Romero, autor do libro "Poemas con Canela".

Os alumnos do centro interpretarán diferentes escenas desta obra e o autor poderá firmar os exemplares que gardamos na biblioteca e dos alumnos que así o desexen.

 

            
   

 

 

 

DÍA DO LIBRO 2019

07/05/2019 00:37
Europe/Madrid

Con obxectto de celebrarmos o Día do Libro, este 23 de abril no centro decidimos elaborar as portadas xigantes dos nosos libros preferidos. Podedes ver unha boa representación no enlace que nos leva á galería da biblioteca.

     
   

GALERÍA

Distribuir contido