Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

ADMISIÓN DO ALUMNADO 2022-2023

07/03/2022 10:01
Europe/Madrid

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

CURSO 2022-2023

Entre o martes, 1 de marzo e o luns, 21 de marzo de 2021 levarase a cabo a fase de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2021/22.

 O alumnado que xa está matriculado neste centro non ten que facer ningún trámite.

 O alumnado que iniciará a escolarización en 4º de EDUCACIÓN INFANTIL no vindeiro curso 2020/2021 deberá realizar a presentación da solicitude no colexio solicitando cita previa no teléfono 881 88 04 34 ou facéndoo telemáticamente a través da web da Consellería de Educación (admisionalumnado).

 Tanto no caso de presentar a solicitude telemáticamente como no caso de presentala directamente no centro deberá achegarse fotocopia da documentación pertinente:

  • DNI da alumna/o en caso de telo.

  • DNI proxenitores.

  • Libro de familia.

  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

  • Certificado oficial do expediente académico se é o caso.

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

  • No caso de presentar a solicitude persoalmente no centro, ésta estará firmada alomenos por un dos proxenitores.

  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito-ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

  • No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

  • Outra documentación.

 

Axuda e Normativa relacionada

 

Impreso de solicitude: GALEGO / CASTELÁN