Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Curso 2013-2014

CONCURSO DE MANUALIDADES

00/00/
Array

CONCURSO DE  MANUALIDADES


O CEIP “Manuel Fraga Iribarne” organiza un Concurso de Manualidades feitas con produtos típicos do outono para a semana do 5 ao 8 de novembro.   

Este concurso  desenvolverase dentro das actividades programadas con motivo da celebración do MAGOSTO.

BASES DO CONCURSO

1. Podedes presentar calquera tipo de manualidade elaborada na casa con produtos típicos do outono.

2. As manualidades serán expostas no cole na semana do 5 ao 8 de novembro.

3. O concurso estará dotado de dous premios:

        •    Máis orixinal
        •    Máis dificultade na súa elaboración
                                   
4. Cada manualidade deberá vir acompañada dun cartel identificado que vos entregará o titor/a,  no que indicaredes: o nome da manualidade, o nome do neno/a e o curso.

    Os traballos gañadores serán publicados no xornal escolar “O Espigonciño” e na páxina web do centro.

Poñede a proba a vosa imaxinación e animádevos a participar!!!

Distribuir contido