Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Benvida

Ola

00/00/
Array

O CEIP "M. Fraga Iribarne" de Cariño é unha institución educativa pública que aposta por mellora-la calidade e variedade de oferta dos seus servicios, o que xustifica a súa apertura a este mundo virtual pero cada vez máis tanxible da sociedade da información electrónica. Con isto non facemos máis que continuar unha marcha que comezamos cando o Centro se incorporaba ó xa histórico Proxecto ABRENTE. Un grupo, entón reducido, de profesionais tiña a clarividencia e intuición prodixiosas de imaxinar que co paso dos anos o que só constituía un recurso limitado e de dubidosa aplicación no mundo da educación chegaría a conformar o que é hoxe unha estructura básica en tódolos aspectos.

É esta unha comunidade escolar situada nun recanto da periferia galega e española. Desde as aulas do Centro vemos, case tocámo-las augas dun mar que non sabemos se é Cantábrico ou Atlántico. Estamos abertos ós dous mares que permitiron que a galeguidade se espallara por terras lonxanas. Aquela rede marítima de comunicación non perde protagonismo pero dá paso a outra máis rápida, máis ampla e que non supón alonxamento dos seres queridos senón proximidade e inmediatez. A Rede, por esta vez, humanízase e transmite sentimentos ó tempo que permite a reciprocidade.

Desde estas páxinas queremos da-la nosa máis afervoada benvida e seguir abríndonos ó mundo e á modernidade, ofrecer novas posibilidades educativas e manter un emotivo contacto con tódalas persoas que formaron parte desta comunidade. A nosa mensaxe, escrita no aire, voa coma unha pomba mensaxeira de paz. Esta páxina é, máis ca nunca, a ventá á que chega a ave viaxeira.


Centro Público de Educación Infantil e Primaria
CEIP "Manuel Fraga Iribarne"
Rúa A Area, 1
15365 A Pedra Cariño (A Coruña)
Tlf. 881880434 Fax. 881880440
ceip.manuel.fraga [ @ ]edu.xunta.es

 

[Enlace á web antiga]

 

Distribuir contido