Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Blog da Biblioteca

DÍA DO LIBRO 2019

07/05/2019 00:37
Europe/Madrid

Con obxectto de celebrarmos o Día do Libro, este 23 de abril no centro decidimos elaborar as portadas xigantes dos nosos libros preferidos. Podedes ver unha boa representación no enlace que nos leva á galería da biblioteca.

     
   

GALERÍA

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2018

25/10/2018 02:51
Europe/Madrid

Este ano tamén celebramos o día das bibliotecas escolares invitando aos alumnos maiores de 6º curso a acompañar aos pequenos de 3 anos a estrenarse na biblioteca.

Os pequenos pasárono xenial entre os libros e os contos que lles contaron os seus compañeiros maiores.

   GALERÍA

As Mazás de Cariño

14/11/2018 02:12
Europe/Madrid

Nestes días a Biblioteca súmase á celebración da semana de Exaltación das mazás de Cariño organizando unha exposición de libros encol das mazás.

                    
   

SEMANA DA PRENSA 2019

29/04/2019 02:07
Europe/Madrid

Con motivo da celebración da semana sa prensa Os alumnos de primaria analizaron as portadas da prensa escrita galega, nacional e internacional.

Os resultados mostráronse no seguinte panel.

   
   

 

 

DÍA DO LIBRO

25/04/2018 00:00
Europe/Madrid

Co gallo da celebración do Día do Libro, o Concello ofrécenos para o vindeiro mércores 25 de abril, no Auditorio Municipal, ás 13:00 horas, unha actividade  a cargo da Compañía Xarope Tulú.

A desfrutar do espectáculo!!!

 

   

 

 

Semana da ciencia en galego na biblioteca.

00/00/
Array

icona plambeimaxe do cartel

Durante a semana do 27 ao 1 de decembro celebraremos na biblioteca a "Semana da ciencia en galego".

Temos preparados catro rincóns:

  1. Investigación. Para observar e investigar.
  2. Construción. Para inventar.
  3. Programación. Para programar os robots.
  4. Libros sobre ciencia. Para aprender moitas cousas de ciencias.

 

Visita a galería de fotos do evento.

 

Distribuir contido