Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Blog da Biblioteca

Os Mil Brancos dos Esquimós. NOS TAMÉN CREAMOS

00/00/
Array

Este ano o noso cole participa no concurso NOS TAMÉN CREAMOS coa animación do conto "Os Mil Brancos dos Esquimós".

Aquí tedes o enlace desta curta producida polos cursos de 3º e 4º de Primaria:

 

Enquisa 2015-16

00/00/
Array

imaxe dunha nena sobre uns libros. ilustración.  Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca durante este curso.

 

 

 https://goo.gl/n7eEiG

 

Preme na ligazón e completa a enquisa para coñecer a túa opinión.

 https://goo.gl/n7eEiG

 

Animais fantásticos

00/00/
Array

TELEXORNAL

00/00/
Array

Do 7 ao 11 de marzo deste ano 2016 celebramos a SEMANA DA PRENSA na biblioteca do cole.

Con este motivo decidimos editar o noso propio telexornal. Deste xeito aprendemos o difícil que é para a xente da "tele" organizar as cousas para sacar adiante un programa e todo o que hay "detrás da noticia".

Como moitas veces os telexornais non traen novas moi amables, neste telexornal tentamos de redactar noticias en tono humorístico e positivo.

Nós pasámolo moi ben e esperamos que vós tamen o desfrutedes.

Fai clic nesta ligazón ou na imaxe para ver o resultado

 

VIDEOS TELEXORNAL

00/00/
Array

Do 7 ao 11 de marzo deste ano 2016 celebramos a SEMANA DA PRENSA na biblioteca do cole.

Con este motivo decidimos editar o noso propio telexornal. Deste xeito aprendemos o difícil que é para a xente da "tele" organizar as cousas para sacar adiante un programa e todo o que hay "detrás da noticia".

Como moitas veces os telexornais non traen novas moi amables, neste telexornal tentamos de redactar noticias en tono humorístico e positivo

Nós pasámolo moi ben e esperamos que vós tamen o desfrutedes. Aqui tedes o resultado.

 

 PRESENTACIÓN E NOTICIAS INTERNACIONAIS E NACIONAIS

 

NOTICIAS LOCAIS

 

 NOTICIAS DE CIENCIA E ESPECTÁCULOS

 

A ENTREVISTA

 

O TEMPO E OS DEPORTES

 

PUBLICIDADE

APERTURA DA BIBLIOTECA

00/00/
Array

    

 

Saúdos  a toda a comunidade educativa do CEIP Manuel Fraga Iribarne!

 

Como xa sabedes, este ano logramos un obxectivo que perseguíamos dende hai tempo: ampliar o espazo da biblioteca. Debido ás obras levamos un pouco de retraso na apertura pero, por fin, este martes empezou a funcionar nos recreos a parte da sala destinada á Educación Primaria. A outra parte da biblioteca abrirémola en canto poidamos xa que ata o momento non está acondicionada, xa vos iremos informando.

 

Ao igual que en anos anteriores contamos na biblioteca con alumnado voluntario de 4º, 5º e 6º que axudarán en todas as tarefas que implica un bo funcionamento da biblioteca e participarán activamente na organización e xestión da mesma. Estes voluntarios variarán todas as semanas, sen grupos fixos e os encargados da semana estarán visibles na entrada do colexio a través dun panel informativo con fotografías.

Finalmente animarvos a vir á biblioteca e a darnos as vosas opinións, consellos ou recomendacións a través do buzón colocado na porta de entrada. Recordarvos que a biblioteca estará aberta os xoves e os venres pola tarde, de 4 a 6.

 

Vémonos na biblioteca!!!!

Distribuir contido