Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Blog da Biblioteca

APERTURA DA BIBLIOTECA

00/00/
Array

    

 

Saúdos  a toda a comunidade educativa do CEIP Manuel Fraga Iribarne!

 

Como xa sabedes, este ano logramos un obxectivo que perseguíamos dende hai tempo: ampliar o espazo da biblioteca. Debido ás obras levamos un pouco de retraso na apertura pero, por fin, este martes empezou a funcionar nos recreos a parte da sala destinada á Educación Primaria. A outra parte da biblioteca abrirémola en canto poidamos xa que ata o momento non está acondicionada, xa vos iremos informando.

 

Ao igual que en anos anteriores contamos na biblioteca con alumnado voluntario de 4º, 5º e 6º que axudarán en todas as tarefas que implica un bo funcionamento da biblioteca e participarán activamente na organización e xestión da mesma. Estes voluntarios variarán todas as semanas, sen grupos fixos e os encargados da semana estarán visibles na entrada do colexio a través dun panel informativo con fotografías.

Finalmente animarvos a vir á biblioteca e a darnos as vosas opinións, consellos ou recomendacións a través do buzón colocado na porta de entrada. Recordarvos que a biblioteca estará aberta os xoves e os venres pola tarde, de 4 a 6.

 

Vémonos na biblioteca!!!!

Proxecto Un Mar de Luces

00/00/
Array

No presente curso a Biblioteca do CEIP Manuel fraga Iribarne puxo en marcha o proxecto Un Mar de Luces, dentro do Ano Internacional da Luz e as tecnoloxías da Luz.

Na seguinte ligazón pódese consultar o proxecto.

PROXECTO UN MAR DE LUCES

 

 

Un Mar de Luces

00/00/
Array

Neste curso a biblioteca do CEIP Manuel Fraga Iribarne puxo en marcha desde cero unha obra de "teatro negro" chamada 'Un Mar de Luces' que conta a historia dun barquiño de Cariño con problemas. Os animais luminiscentes das profundidades mariñas prestarán a súa axuda para que o barco chegue a porto.

A posta  en escena corre a cargo do profesorado e alumnado do 2º Ciclo. Non olvides premer na frecha para velo a pantalla completa.

AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA

00/00/
Array

 Agora que  curso está a piques de rematar gustaríanos saber que pensan profes e alumnado da nosa biblioteca: do seu funcionamento, os fondos... Para iso, propoñevos que cubrades as seguintes enquisas. Son breves, así que non vos levará máis de dous minutiños. Gracias!!!

PROFES:https://docs.google.com/forms/d/1a4ZXrteSVC5UxH24cCqV_HyhqRDWOEOjJIypjhkj4WE/edit?usp=drive_web

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL: https://docs.google.com/forms/d/1V-dNiav6CJ5AzLWMoVxrgERGU7M45xkqMRZgqTsn7hY/edit#

ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: https://docs.google.com/forms/d/1ZWRPSiV0WueRULV8pbZUWQsLSD3C3sJvzRla0RdrucM/edit#

 

ENCONTRO CON PAULA CARBALLEIRA: CASAS

00/00/
Array

Hoxe recibimos a visita no colexio da escritora Paula Carballeira que veu falar do seu libro Casas. Contounos cousas do libro, da súa vida; contounos contos... fíxonos rir, pasar medo... unha chea de sensacións diferentes, pero sobre todo axudounos a pasar un bo rato. Moitas gracias Paula!!!

Se visitades a galería poderedes ver máis fotos deste encontro.

DÍA DO LIBRO

00/00/
Array

O 23 de abril, como cada ano, celébrase o Día do Libro. Este ano, dende a biblioteca, convocamos un certame de relatos relacionados coa luz e, ese mesmo día, Multileo encargouse de entregar uns pequenos agasallos aos grupos de educación infantil e primeiro ciclo (como participantes) e aos gañadores de segundo e terceiro ciclo. Noraboa aos gañadores: Carme de 3º, Claudia de 4ºA, Ainoa de 4ºB, Lucía de 5ºA, Claudia de 5ºB e Noa de 6ºA. 

Ademais da visita de Multileo estiveron tamén no colexio Os Bolechas, que viñeron a cantar e contar contos co alumnado de Educación Infantil.

Rematamos a xornada na biblioteca, onde o alumnado de 5º leu o conto Unha fada marabillosa aos alumnos de primeiro ciclo.

Na galería podedes ver as fotos do acontecido nesta intensa xornada.

 

Distribuir contido