Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

DÍA DE ROSALÍA

10/03/2020 12:47
Europe/Madrid

O pasado 24 de febreiro celebróuse o día de Rosalía de Castro, pero como nos coincidíu coas vacacións de entroido decidimos celebralo o martes 3 de marzo. Éste ano adicóuse a lectura pública da obra da nosa escritora, e os protagonistas deste acto foron os colaboradores da biblioteca, quenes prepararon a lectura dalgúns poemas da poetisa acompañados de melodía. Todo isto foi posible grazas á colaboración de dous mestres do centro (a profe Marta de música e o profe Martin o orientador). Agradecemos a todos eles por nos facer pasar un rato tan bonito e emotivo e especialmete a artífice da actividade a mestra Deli. Ata pronto!