LISTADO ALUMNOS POR AULA

Bo día,

 

Sabemos que todos estades con ganas de saber en que curso están os vosos nenos e nenas. Por lei non podemos colgar os listados por este medio polo que estarán colocados no taboleiros  do colexio.

Para facilitar as cousas e evitar aglomeracións, tamén o colocaremos nos porches exteriores (1º, 2º e 3º EP no dianteiro e 4º,5º e 6º no traseiro) para que o día que veñades a reunión o podades ler sen problemas e onde xa vos recibirán as titoras e titores correspondentes.

De todos os xeitos, xa están os mestres poñéndose en contacto con todos vós.

 

Un saúdo e vémonos en nada!