Visitas dos pais/nais ou titores/as legais
A colaboración das familias coas persoas titoras dos seus fillos e fillas é imprescindible para unha actuación eficaz e, tanto desde a escola como desde a familia, en todos os aspectos da educación e aprendizaxe do alumnado.
Con este fin, as persoas titoras e especialistas das materias teñen reservado un espazo no seu horario para recibir aos/ás pais/nais ou titores/as legais do alumnado, que será os luns de 17.00 a 18.00 horas.
É necesario que as familias soliciten a reunión con antelación suficiente para que desde a titoría se poda recabar a información pertinente.
As reunións realizaranse presencialmente no centro, de xeito telemático, a través da aplicación CISCO WEBEX ou telefónicamente.
Avaliación
A avaliación do alumnado é un proceso continuo que se desenvolve ao longo de todo o curso, polo que a persoa titora poderá informar e solicitar colaboración da familia en calquera momento, co obxecto de prever dificultades ou incidencias negativas no proceso de aprendizaxe do alumnado.
Durante todo o curso informarase a través de Abalar ás familias sobre a evolución dos seus fillos e fillas unha vez ao trimestre, a través do boletín individual.
As datas de entrega dos boletíns de avaliación serán as seguintes:
- 1ª Avaliación: 21 de decembro.
- 2ª Avaliación: 22 de marzo.
- 3ª Avaliación: 25 de xuño.