Skip to Content

Os nosos principios educativos

No CEIP Plurilingüe Labaca entendemos a tarefa educativa como proceso de desenvolvemento da personalidade do alumno/a, desde perspectivas democráticas de liberdade, tolerancia, integración, espírito crítico en todos os ámbitos da vida persoal, familiar, social e profesional.
Imaxe dunha das esculturas de Leopoldo Nóvoa do xardín do centro
Apostamos por unha escola ideoloxicamente pluralista o que quere dicir respectuosa coas ideoloxías e crenzas de todos/as, na procura de dar os alumnos/as informacións o máis obxectivas posibles para que, progresivamente, formen os seus propios criterios e poidan analizar a realidade e tomar decisións responsables.

Os pais  e nais deben e poden axudar aos seus fillos e fillas neste proceso, sobre todo a partir da experiencia da súa propia vida e do diálogo sincero con eles/as.

Afirmámonos nunha pedagoxía activa a través do trato personalizado e inclusivo co alumnado, adecuado ao seu ritmo evolutivo e as súas capacidades intelectuais.



page | by Dr. Radut